Termodinámica de equilibrio
(Redirección desde «Equilíbrio termodinámico»)
A termodinámica de equilibrio trata de sistemas en equilibrio, considérase que un sistema termodinámico está en equilibrio termodinámico se a súa distribución de enerxía é igual á distribución de Maxwell-Boltzmann. Iso permite unha única temperatura en todo sistema.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Ice_water.jpg/220px-Ice_water.jpg)
Un sistema illado está en equilibrio cando as súas propiedades macroscópicas permanecen constantes no tempo pero un non illado so está en equilibrio se as propiedades do sistema permaneceren constantes ó longo do tempo e de eliminar o contacto do sistema co seu arrededor.
Hai tres tipos de equilibrio que se deben dar para que se dea equilibrio termodinámico:
- Equilibrio mecánico, cando as forzas que actúan sobre o sistema como as existentes no seu interior están equilibradas, polo que non hai aceleración no sistema
- Equilibrio material, non se producen reaccións químicas globais no sistema nin hai transferencia neta de materia desde unha parte do sistema a outra
- Equilibrio térmico, non pode existir variación nas propiedade do sistema ou arredores cando están separados por unha parede termicamente condutora.
![]() |
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |