Abrir o menú principal

Entroido de Viana do Bolo

Entroido de Viana do BoloEditar

O concello de Viana do Bolo está situado no sueste da provincia de Ourense, ten unha extensión aproximada de 270,00 km2 e está formado por 52 núcleos de poboación asentados nun entorno montañoso.

 
Este é o boteiro do Entroido de Viana do Bolo.

O Entroido é a maior festa do concello. Nel, os vianeses transforman completamente a vila. As rúas énchense de moitas máscaras acompañadas polo estrondo de bombos e das aixadas.

Días máis importantes do EntroidoEditar

  • Xoves de compadres: Este día marca o inicio do Entroido, empezan as fariñadas e só poden botar fariña os homes ás mulleres. Pola noite hai unha gran folionada e a cea de <<compadres>> onde todos os grupos de amigos homes se xuntan. Tamén se coloca o Lardeiro ao carón do Pilón da Praza Maior.
  • Xoves de comadres: tres días antes do Domingo Gordo son as mulleres as únicas que poden botar fariña aos homes. Tamén hai a cea de <<comadres>> e unha gran folionada. A Lardeira colócase ao carón do Lardeiro.
  • Sábado de Entroido: na tarde e noite anterior ao gran Domingo Gordo, a Praza Maior énchese de folións, charangas e disfraces ata altas horas da madrugada. Hai unha gran fariñada.
  • Domingo Gordo: un pasarrúas a cargo da banda de gaitas do Concello de Viana do Bolo lémbralle dende ben cedo aos vianeses e convidados que comeza o día grande do Entroido. Celébrase ao mediodia o gran desfile de carrozas, comparsas e folións. Mentres tanto miles de persoas aplauden e desfrutan do desfile. O seguinte é un gran xantar para todos os membros das vilas que participaron no desfile. Este xantar faise no polideportivo. O prato estrela é a androlla. Pola tarde, e ata a noite, soan polas rúas os folións.
  • Entroido dos nenos: o luns despois do gran Domingo Gordo é un día reservado para os cativos e cativas, que saen polas rúas de Viana tocando o seu propio folión. Rematarán na Praza Maior cunha gran chocolatada.
  • Martes de Entroido: nas primeiras horas do día, hai gaiteiros e charangas que anuncian o día de festa. Pola tarde na Praza Maior e polas rúas de Viana, hai unha gran <<batalla da fariña>>. A praza énchese de tractores cheos de fariña. Ás doce da noite prodúcede o intre máis especial do Entroido, a << Queima dos Lardeiros>> que é o que dá fin aos folións que non soarán máis ata o ano seguinte. Por último, comeza a verbena e o concurso de disfraces, que reparte premios económicos.
  • Mércores de cinsa: celébrase o Enterro da Sardiña que é acompañada por unha comitiva vestida con veos negros ata chegar ao Cabo da Vila onde todos os participantes cean xuntos as sardiñas asadas, o viño e as torradas.

O foliónEditar

  • Bombos e aixadas (ou nalgúns casos serras e cacerolas), poñen o son aos diferentes folións do concello que percorren as rúas. Co seu ritmo marcan o paso do desfile, espantan meigas e meigallos e dan a benvida á troula.

Personaxes típicosEditar

  • A mula e o maragato: A mula está feita de teas onde van metidos debaixo dúas persoas que son as que a conducen polas rúas da vila mentras que é o <<maragato>> guía a mula. O maragato leva unha careta feita de madeira cunha gran boca e uns grandes ollos.
  • A comparsa: formada por músicos que tocan xeralmente percusión, metal e gaitas, dirixidos polo director, acompañados por dous boteiros e dous personaxes chamados "Pallaso" e " Señorita" (xeralmente é un home quen se disfraza de señorita).
  • Os Lardeiros (a comadre e o comprade): son dous bonecos feitos de palla e roupa roubada dos señores e señoras da vila, o xoves de compadres as mulleres son as que visten o lardeiro e o xoves de comadres o contrario.
  • O Boteiro: pódese dicir que é o personaxe máis importante, particular e singular do Entroido actual. É a figura que acompaña os folións durante todos os días de Entroido, mentres soan os folións eles fan soar as esquilas que levan na cintura. O boteiro leva unha gran pantalla feita de papel de seda e unha careta de madeira cunha cara moi peculiar. Pode pesar ata 20 kg. Tamén levan unha camisa feita con moita cantidade de cintas de distintas cores, as esquilas suxeitas nun cinto de coiro, o pantalón con tea dunha única cor e rematado con flocos de cores, unhas medias dende o nocello ata o xeonllo (estas pezas axustan o pantalón á perna), unhas botas de cor negra e unha monca que axuda ao boteiro nos seus chimpos, que tamén utiliza para abrir camiño ao desfile do folión.


[1]Editar

  1. Ares Pérez, Carlos Xabier (2013). ILUSTRES. ISBN 978-84-695-9348-6.