Enrique Yáñez Álvarez

guerrilleiro antifranquista galego

Enrique Yáñez Álvarez, coñecido como Chaval de Ricosende, nado en Ricosende (Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras) en 1925 e finado en xaneiro de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaEnrique Yáñez Álvarez
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor em Wikidata
Ricosende, España Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Truchas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesChaval de Ricosende Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Labrego, militante do PCE, era enlace da geurrilla. Queimado como enlace, foi incorporado á Federación de Guerrillas de León-Galicia en 1946 no grupo comandado por Manuel Girón Bazán. En 1948 integróuse no Destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. No outono de 1949 conseguiu fuxir a Francia xunto coa súa compañeira Felicitas Martínez Villarpriego. Volveu á súa aldea en agosto de 1950, xa enfermo de tuberculose. Perseguido pola policía, fuxiu novamente coa guerrilla. Morreu dun tiro na caluga en Cunas (Truchas) a finais de xaneiro de 1951, probablemente polos disparos dun compañeiro ante a gravidade da súa enfermidade. En 1952 publicouse unha orde de busca e captura contra el.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 141–142. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar