Enrique Vidal Bobo
Enrique María Vidal Bobo, nado en Lalín o 24 de febreiro de 1864 e finado na mesma vila o 22 de xaneiro de 1935, foi un avogado e político galego.
Enrique Vidal Bobo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1864 |
Lugar de nacemento | Lalín |
Falecemento | 22 de xaneiro de 1935 |
Lugar de falecemento | Lalín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, avogado e funcionario |
Fillos | Enrique Vidal Abascal |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Juan Vidal Lores e Socorro Bobo Alonso. Empezou a traballar como auxiliar de Facenda. En 1900 foi administrador de Libros da Intervención de Facenda de Oviedo. Entre 1905 e 1910 foi administrador, tesoureiro e interventor en Valladolid, Murcia, Oviedo, Madrid, Cáceres e A Coruña. En 1910 foi nomeado Delegado de Facenda de Ourense e en 1917 Delegado de Facenda na Coruña. Foi presidente do Tribunal económico-administrativo. Colaborador e amigo de José Calvo Sotelo, na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado membro da Asemblea Nacional en outubro de 1927, cesando en marzo de 1929.
Vida persoal editar
Casou con Carmen Abascal Ruiz e foi pai de Enrique Vidal Abascal.