Enrique Peñalosa

político colombiano

Enrique Peñalosa Londoño, nado en Washington, D.C., Estados Unidos, o 30 de setembro de 1954, é un economista, administrador e político colombiano.

Enrique Peñalosa
Enrique Peñalosa Londoño
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1954
 Washington, D.C.
OrganizaciónAlianza Verde
Alma máterUniversidade Duke, Universidade Pantheon-Assas e Gimnasio Campestre
ProfesiónEconomista, administrador e político
Na rede
Facebook: enriquepenalosaoficial Twitter: EnriquePenalosa Instagram: enriquepenalosal TED: enrique_penalosa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Está licenciado en Economía pola Duke University, cos títulos de mestría e doutoramento do Institute International d'Aministration Publique e mais da Universidade de París, respectivamente.

Alcaldía de Bogotá editar

Logo de ser representante na Cámara a fins dos anos oitenta, Peñalosa foi precandidato do Partido Liberal á alcaldía de Bogotá en 1992, mais foi derrotado polo exministro Jaime Castro Castro. Para as eleccións de 1994 partiu como gran favorito e presentouse como candidato independente. Non obstante, foi derrotado contra todo prognóstico polo matemático Antanas Mockus. Finalmente, en 1997 derrotou a Carlos Moreno de Caro e foi elixido como alcalde da capital colombiana.

Transporte público editar

Peñalosa, conxuntamente co seu equipo de goberno, deseñou un ambicioso plan de remodelación da vida pública da cidade colombiana. Así, desenvolveu un novo Sistema de Bus Rápido chamado TransMilenio, inspirado no sistema xa existente en Curitiba. De igual xeito, promoveu un día libre de automóbiles e recibiu un masivo apoio popular para unha idea pola cal recibiu o Galardón do Desafío de Estocolmo (Stockholm Challenge Award). A través dun referendo, a xente decantouse por un día ao ano libre de circulación de vehículos a motor e decidiu que a partir do 2005 non teríán autos durante as horas pico da xornada, é dicir, dende as 6 da mañá até as 9 e dende as 4 da tarde até as 7:30.

Ciclorrutas editar

 
Esquema das ciclorrutas

Por outra banda, con el comezou a creación de ciclorrutas de Bogotá, co propósito de dotar á cidade dun rede completa de vieiros para bicicletas. A rede de ciclorrutas de Bogotá deseñouse tendo en conta a morfoloxía e topografía da cidade. En sentido Norte-Sur, a cidade presenta unha topografía relativamente plana; en sentido Leste-Oeste presenta diversos tipos de pendentes. Por iso, seleccionouse o concepto de rede en malla por ser o modelo teórico que presenta maior versatilidade e adecuación, trazando deste xeito eixes lonxitudinais e transversais da cidade. Xa que logo, súa é a primeira pedra na construción da rede de ciclorrutas máis extensa de América Latina.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Capitalismo: La mejor opción.
  • Democracia y Capitalismo: retos para el próximo siglo.

Ligazóns externas editar