Abrir o menú principal

TransMilenio

Sistema de transporte en Bogotá
Logo do TransMilenio.
Bus biarticulado.

TransMilenio ou Empresa de Transporte do Terceiro Milenio S. a. é un sistema de transporte de tipo BRT, o cal fai parte do sistema de transporte masivo de Bogotá e Soacha sendo o seu principal compoñente. A súa construción iniciouse en 1998 e foi inaugurado o 4 de decembro de 2000. Entrou en operación o 18 do mesmo mes coas troncais (liñas) da avenida Caracas (até a avenida dos Comuneiros) e a rúa 80.[1][2] Dende entón abríronse novas troncais. Forma parte do SITP, xunto cos servizos urbano, complementario e especial, que circulan polos barrios e vías principais da cidade.

NotasEditar

  1. Ciudades para un futuro más sostenible. "Transmilenio: sistema integrado de transporte masivo (Bogotá, Colombia)". 
  2. "Historia de TransMilenio". www.transmilenio.gov.co (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2019.