Enrique García Rey

director de banda e compositor galego


Enrique García Rey, nado en Senra (Ortigueira) en 1927 e finado en Pedro Muñoz (Cidade Real) o 24 de febreiro de 1990,[1] foi un director de banda e compositor galego.

Modelo:BiografíaEnrique García Rey
Biografía
Nacemento1927 Editar o valor en Wikidata
Senra, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1990 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Pedro Muñoz, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, director de orquestra Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Sobriño do músico e director de bandas Luis Rey Cortés. Foi músico da banda do Rexemento de Infantaría Isabel la Católica da Coruña. Iniciou a súa carreira dirixindo a Banda de música de Goiás, de onde pasou, en 1951, a dirixir a Banda de música de Vilatuxe elevando a súa calidade musical ata conseguir un conxunto con éxito. Tamén se dedicou á composición producindo o pasodobre "Vilatuxe", "Brisas Galaicas", e "Rapsodia Galega nº 1". De Vilatuxe pasou a Merza para dirixir a Banda Artística de Merza. Alí seguiu compoñendo: a muiñeira "Canta Merza", o pasodobre "Ortigueira" e a xota galega "Churrusqueira".

En 1963 deixou Merza para substituír a Antonio Baquero na dirección da Banda Municipal de Redondela. En 1967 pasou a dirixiu a banda municipal de Pedro Muñoz (Cidade Real) transformándoa nunha das mellores de Castela-A Mancha. O concello recoñeceu o seu labor dándolle o seu nome a unha praza da capital municipal e un grupo de músicos puxo o seu nome a unha agrupación musical, a Asociación Musical Enrique García Rey.

A finais de 1981 regresou definitivamente a Galicia como director colexiado en Sarria onde dirixiu tamén a Coral Polifónica Meigas e Trasgos, fundada en 1971.

Vida persoal

editar

Casou con Felisa García Bermúdez con quen tivo dous fillos, Enrique Manuel e Félix, tamén ten tres netos, Francisco Javier, Carlos Enrique e Marcos.

  • "Ortigueira" (pasodobre), 1962.
  • "Churrusqueira" (xota galega), autor da música 1962.
  • "Canta Merza", autor da letra e música, 1962.
  • "Somos gentes de la Mancha" (seguidilla) autor da letra e música.
  • "La Mancha" (pasodobre) autor da letra e música.
  • "Himno de Pedro Muñoz". Autor e compositor, 1970.
  • "Homenaje a Pérez Chovi" (pasodobre de concerto), autor da música, 1976.
  • "Romeria da Peneda" (xota galega) autor da música, 1968.
  • "Rebuldeira" (retozona) (muiñeira).
  • "Ecos galaicos" (pasodobre galego), autor da música, 1976.
  • "Sones de Aragón" (xota), autor da música, 1976.
  • "Aragón canta al Pilar" (pasodobre-xota), autor da música, 1980.
  • "Es mal de amor" (bolero), autor de letra e música, 1980.
  • "Rapsodia galega nº1", autor da música.
  • "Romería de peneda" (xota galega).
  1. La Voz de Galicia, 11-3-1990, p. 47.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar