Enrique Angelelli

Enrique Angelelli, nado en Córdoba o 18 de xullo de 1923 e finado en A Rioxa o 4 de agosto de 1976, foi un bispo católico arxentino.

Enrique Angelelli
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1923 en Córdoba, Arxentina
Pasamento4 de agosto de 1976 en A Rioxa, Arxentina
Ordes
Ordenación sacerdotal9 de outubro de 1949
Consagración episcopal12 de marzo de 1961, por Ramón José Castellano
Bispo de A Rioxa
3 de xullo de 1968 - 5 de agosto de 1976
PredecesorHoracio Gómez Dávila
SucesorBernardo Enrique Witte
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Asesor da Juventud Obrera Católica, activo nas vilas miseria de Córdoba, foi profesor de doutrina social da Igrexa. Nomeado por Xoán XXIII bispo auxiliar de Córdoba, foi reitor do Seminario Maior e participou no Concilio Vaticano II. Involucrouse en conflitos laborais a prol dos desfavorecidos. Convocou campañas contra a fame.

Paulo VI nomeouno bispo da Rioxa. Alí promoveu a formación de cooperativas de labregos e deu azos á organización sindical de mineiros, peóns rurais e empregadas domésticas. Recibiu ataques de latifundistas.

Tras o golpe militar, manifestou a súa oposición á ditadura. Pereceu ao pouco tempo en circunstancias pouco claras, tras oficiar unha misa por dous sacerdotes asasinados. Oficialmente afirmouse que fóra vítima dun accidente de automóbil. Os bispos Jaime de Navares, Jorge de Novak e Miguel Hasayne, por exemplo, apoiaron a hipótese dun asasinato, que foi investigada de forma inconclusa pola Igrexa Católica arxentina. Quen logo sería papa Francisco, o cardeal Bergoglio, deu unha misa na súa honra.