Enoanda (grego: τὰ Οἰνόανδα, en plural, tà Oinóanda) foi unha cidade da Grecia antiga situada na rexión de Licia, na parte alta do val do río Xanto. É coñecida pola inscrición filosófica do filósofo epicúreo Dióxenes de Enoanda. As ruínas da cidade están ao oeste da cidade moderna de İncealiler no distrito de Fethiye da provincia de Muğla, Turquía, que está parcialmente construída sobre a cidade antiga.

Modelo:Xeografía políticaEnoanda
Imaxe

Localización
Mapa
 36°48′35″N 29°33′00″L / 36.809628, 29.550004Coordenadas: 36°48′35″N 29°33′00″L / 36.809628, 29.550004
EstadoTurquía
ProvinciaProvincia de Muğla Editar o valor em Wikidata

O teatro grecorromano de Enoanda.

Historia editar

En época dos hititas chamábase Wiyanawanda. Durante o período helenístico foi a cidade máis meridional do tetrápole de Cibira, que foi disolta por Lucio Licinio Murena no -84 cando Enoanda pasou a formar parte da liga licia, segundo demostran numerosas inscricións[1]. A historia anterior da cidade descoñécese, a pesar dunha misión levada a cabo polo British Institute at Ankara en 1974–76[2]. Parece que Enoanda se converteu nunha colonia de Termeso en torno ao -200 ou -190 e que ademais a chamaron chamou Termessos Minor[3] ou Termessos he pros Oinoanda.

O lugar foi identificado primeiro por Hoskyns e Forbes en 1841, e publicado no Journal of the Royal Geographical Society, XII (1843). A inscrición filosófica de Dióxenes de Enoanda, identificouse máis tarde a partir de fragmentos, procedentes ao parecer da stoá, que probabelmente erixiu el mesmo[4]. A stoá de Dióxenes desmantelouse na segunda metade do século III para facer sitio a un muro defensivo; antes o lugar carecía de fortificación[5]. En 2012 identificáronse uns 300 fragmentos de distintos tamaños (dunhas poucas letras a varias frases que cubrían máis dun bloque)[6].

Nos anos 1990 atopáronse probas de que houbo unha antiga ponte romana[7].

O Instituto Arqueolóxico Alemán está a levar a cabo novas escavacións[8].

Enoanda é unha diocese da Igrexa católica[9].

Notas editar

  1. Estrabón, XIII 4.17.
  2. Alan Hall, "The Oenoanda Survey: 1974-76", Anatolian Studies 26 (1976:191-197).
  3. Rousset D., De Lycie en Cabalide, fouilles de Xanthos X, Droz, Genève 2010
  4. C.W. Chilton, Diogenes of Oenoanda: The Fragments (1971); Hall 1976:196 note 23.
  5. Hall 1976:196.
  6. "The Oinoanda campaign of 2012", German Archaeological Institute (DAI) website (accessed 27 June, 2014)
  7. N. P. Milner: "A Roman Bridge at Oinoanda", Anatolian Studies, 48 (1998), pp.117–123
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de febreiro de 2009. 
  9. Catholic Hierarchy

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar