Energetic Particles Explorer

Familia de satélites artificiais científicos estadounidenses.

Energetic Particles Explorer, ou abreviadamente EPE, e tamén coñecido como S 3, foi o nome dun modelo de satélites artificiais estadounidense pertencente ó programa Explorer e adicado ó estudo dos raios cósmicos, o vento solar, e o campo magnético terrestre e interplanetario.[1][2]

En total lanzáronse catro satélites da serie EPE, todos exitosos e lanzados desde a base de Cabo Cañaveral, o primeiro mediante un foguete Delta, os dous seguintes mediante foguetes Delta A e o último mediante un Delta C.[1][2]

Historial de lanzamentos

editar
Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
16 de agosto de 1961, 3:21 GMT Cabo Cañaveral Explorer 12 Éxito Primeiro voo dun satélite da serie EPE.
2 de outubro de 1962, 22:11 GMT Cabo Cañaveral Explorer 14 Éxito
27 de outubro de 1962, 23:15 GMT Cabo Cañaveral Explorer 15 Éxito
21 de decembro de 1964, 9:00 GMT Cabo Cañaveral Explorer 26 Éxito Último voo dun satélite da serie EPE.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "EPE" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: EPE A, B, C, D (S 3)" (en inglés). Consultado o 25 de decembro de 2012.