Encoro de Kárahnjúkar

O encoro de Kárahnjúkar é o maior encoro de auga de toda Europa. Está situado ao leste de Islandia. A superficie cuberta por esta presa vén sendo do 3% da extensión total da illa islandesa.

A gran polémica editar

 
O muro do encoro, no 2006.

A construción desta presa desatou unha gran polémica no país do xeo, pois o seu levantamento foi considerado por ecoloxistas de todo o planeta unha perigosa cicatriz na maior franxa natural impoluta de Europa. Era a grande empresa contra o medio ambiente. Por unha banda a empresa de aluminio estadounidense á que a obra hidráulica abastece e pola outra o descontento da poboación islandesa. Detrás desta polémica desatada escóndense numerosos problemas na economía islandesa, así como o esgotamento dos recursos pesqueiros e agrícolas da illa.

O proxecto foi documentado no programa da canle National Geographic MegaStructures, e no de Discovery Channel Extreme Engineering. Asemade aparece no documental Heima (2007), do grupo de música Sigur Rós, onde fan un concerto protesta contra a construción do encoro.

Véxase tamén editar

Galería de Fotos editar