Editorial
A edición de libros, á cabeza da cal está a figura do editor, responsábel máximo dunha editorial[1], é a industria que concirne á produción e diseminación da literatura ou información.
Características
editarTrátase dunha actividade destinada a pór a información en circulación de cara ao público en xeral en forma de libro. Nalgúns casos, os autores poden ser os seus propios editores. Tradicionalmente o termo referiuse á publicación de libros e xornais. Coa chegada dos ordenadores dixitais e dos sistemas de información, a edición estendeuse a novos escenarios como o de Internet, con exemplo diversos de páxinas web, blogs ou revistas electrónicas ou dixitais.
A edición en Galicia
editarEn 2016 a principal asociación de editores en Galicia era a Asociación Galega de Editores, que englobaba aproximadamente un 40 % das editoriais radicadas en Galicia.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Editorial.