Emma Valcarce Pestaña
Emma Pilar Valcarce Pestaña, nada en Lugo en 1927, é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 (96/97 anos) Lugo, España |
Alcaldesa de Mondoñedo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica , política , mestra |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Luís Rego Valcarce |
Traxectoria
editarLicenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou tamén maxisterio e exerceu como mestra no Courel. Dende 1968 rexentou unha farmacia en Mondoñedo. Foi profesora do Instituto de Mondoñedo. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular que obtivo cinco concelleiros e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta. Continuou como alcaldesa ata 1995, cando non optou á reelección. Formou parte da Asociación Amigos de la Ciudad de Mondoñedo.
Predecesor: Armando González Álvarez |
Alcaldesa de Mondoñedo 1987 - 1995 |
Sucesor: Javier Loira Rúa |
Vida persoal
editarCasou con Hermes Rego Martínez e foi nai de seis fillos, Hermes, Emma Pilar, José Ramón, María Isabel, María Fernanda e Luís Rego Valcarce.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 27-2-2014, p. L6.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 311. ISBN 84-85311-96-5.