Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.

Emilio de Dios
Información persoal
Nome Emilio José de Dios Merino
Nacemento 29 de outubro de 1971 (52 anos)
Lugar de nacemento Xixón
Posición Director Deportivo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emilio de Dios comezou a traballar no Sporting de Gijón, exercendo como director e mesmo adestrador nas categorías inferiores do club. No ano 2006 faise cargo da dirección deportiva do primeiro equipo. Xa no cargo contrata a Manolo Preciado como adestrador e consegue subir ao equipo á Primeira División. Na máxima categoría consegue manter durante varios anos ao club cun dos orzamentos máis modestos da liga. No ano 2012 abandona o club tras 18 anos na entidade. Posteriormente exercería como director deportivo do Racing de Santander durante unha temporada. O 10 de xuño de 2016 faise cargo da dirección do Club Deportivo Lugo, asinando contrato por unha temporada.nuevo secretario de Élite en el Sevilla fútbol club

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar