Emilio Amavisca Albo

futbolista español

Emilio Amavisca Albo, nado en Laredo o 6 de xuño de 1946, é un exfutbolista español que xogaba de lateral. Destacou especialmente no Pontevedra, co que xogou 183 partidos oficias en tres categorías diferentes (Primeira, Segunda e Terceira).

Amavisca
Información persoal
Nome Emilio Amavisca Albo
Nacemento 6 de xuño de 1946
Lugar de nacemento Laredo
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1964–1965 Laredo
1965–1966 Gimnástica de Torrelavega
1966–1969 Burgos CF 86 (2)
1969–1975 Pontevedra 165 (0)
1975–1977 Laredo 65 (9)
1977–1979 Santoña
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

É pai do tamén futbolista, e internacional coa selección española, José Emilio Amavisca.

Traxectoria

editar

Debutou co Laredo en Terceira División na tempada 1964/65, e despois de militar na Gimnástica de Torrelavega e conseguir con esta un histórico ascenso a Segunda División en 1966,[1] fichou polo Burgos CF tamén da categoría de prata.[2] Xunto a Rafael Zamora, foi un fixo na defensa burgalesa durante os seguintes tres anos.

No verán de 1969 fichou polo Pontevedra.[3][4] Debutou na Primeira División na xornada 6 da tempada 1969/70, contra o Deportivo da Coruña en Riazor. Foi titular durante o resto da tempada, formando na defensa xunto a Calleja, Irulegui e Batalla, na que foi a derradeira campaña do Pontevedra na máxima categoría. Tralo descenso a Segunda, continuou cinco anos máis no club galego, os dous últimos na Terceira División, disputando 183 partidos oficiais, algúns deles como capitán.

En 1975 regresou ao Laredo, que viña de ascender a Terceira. Militou dúas tempadas no club cántabro e outras dúas no Santoña, onde se retirou en 1979.

  1. "Se cumplen 50 años del último ascenso de la R.S.Gimnástica a 2ª división." (en castelán). 12 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  2. "Ante el Rácing-Burgos". La Noche (en castelán) (13994). 1 de setembro de 1966. p. 5. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  3. "Amavisca, nuevo defensa del Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 1969. p. 18. 
  4. "Amavisca, defensa del Burgos, fichó por el Pontevedra". El Pueblo Gallego. 1 de xullo de 1969. p. 15. Consultado o 2 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar