Veleiro

(Redirección desde «Embarcación a vela»)

Un veleiro é unha embarcación propelida por un velame, conxunto de velas de tecido de corte e formato apropiado, apoiado nun ou máis mastros e controlada por un conxunto de cabos chamados cordoalla. Posúe tamén unha quilla e un leme ou temón que impiden a deriva e forzan o conxunto avante.

Veleiro entre bateas, xunto á Illa de Arousa

Técnica

editar

O veleiro é propelido pola sustentación dinámica que o vento produce entre as dúas faces da vela, como nas ás dun avión. Adicionado ao traballo da quilla, que evita a deriva, fai que a embarcación obedeza ao temón. Por iso consegue navegar case contra o vento (ata 45 graos) e sen apenas vento a favor.

Historia

editar

De invención que se perde no tempo, temos novas das primeiras embarcacións a vela polo mar Mediterráneo. Gregos e despois os romanos entre outros, comezaron a utilizar barcos que aproveitaban o vento a favor, con velas aínda non desenvolvidas. A vela chamada latina, cun corte case triangular e maniobrável, foi utilizada en barcos pesqueiros ao fin da Idade Media, polos xenoveses no seu comercio co Imperio Bizantino e despois polos navegadores ibéricos, que realizaron os grandes descubrimentos nas súas carabelas.

Tiveron o seu apoxeo no comezo do século XIX, cando os grandes clípers eran os reis dos mares, foron superados como medio de transporte polas embarcacións a vapor, mais sobreviviron como barcos de lecer e deporte.

Estabilidade

editar
 
Esquema de forzas.

A estabilidade nun veleiro é a capacidade que ten a embarcación de volver á posición vertical cando escora; canta máis estabilidade, con máis forza tenderá o veleiro a se erguer. Canto máis baixo estea o centro de gravidade, maior estabilidade terá o barco.

Mais un exceso de estabilidade non é bo, pois somete a esforzos innecesarios a todas as estruturas da cuberta (convés), dicíndose entón que o barco é duro.

Un defecto de estabilidade leva que o barco sexa "frouxo", é dicir, que tarda moito en erguerse de novo tras un golpe do mar ou tras calquera outra causa que saque ao barco da súa posición vertical. Esta característica é típica dos buques de pasaxe, para que os tripulantes viaxen cómodos sen ser sometidos a grandes balances e esforzos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar