Elvis Presley: The Searcher

filme de 2018 dirixido por Thom Zimny

Elvis Presley: The Searcher é un filme documental estadounidense de 2018 producido por HBO Documentary Films sobre a vida do cantante Elvis Presley, salientando o desenvolvemento da súa arte musical. Coeditado, coproducido e dirixido por Thom Zimny, o documental estreouse no South by Southwest Film Festival de 2018 en dúas partes o 14 e 15 de marzo de 2018, antes de estrearse en HBO o 14 de abril dese ano.[2]

Elvis Presley: The Searcher
Ficha técnica
Título orixinalElvis Presley: The Searcher
DirectorThom Zimny[1]
ProdutorJon Landau[1]
Thom Zimny[1]
Kary Antholis[1]
GuiónAlan Light[1]
MúsicaMike McCready[1]
FotografíaLuke Geissbuhler[1]
MontaxeAnoosh Tertzakian[1]
Thom Zimny[1]
EstudioOld Farm Road Films[1]
DistribuidoraHBO Documentary Films
Sony Pictures Television
EstreaSXSW: marzo de 2018
HBO: 14 de abril de 2018
Duración215 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt6244196 Editar o valor em Wikidata

Produción editar

En 2014, Priscilla Presley, a exmuller do músico estadounidense Elvis Presley, comezou a falar co amigo íntimo do cantante Jerry Schilling sobre a perspectiva de contar honestamente a historia de Elvis a través da súa música. Os dous axiña se achegaron ao presidente de HBO Miniseries, Kary Antholis, co seu plan, o cal el aceptou. Despois, el e a canle puxéronse en contacto co produtor Jon Landau para que puxese en marcha o proxecto.[3]

Landau trouxo a Thom Zimny ​​como director, despois de traballar xuntos durante case dúas décadas nos documentais de Bruce Springsteen.[3] Landau pensou no título Elvis Presley: The Searcher ao escoitar a descrición de Priscilla sobre Elvis como un "buscador".[4]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 DeFore, John (22 de marzo de 2018). "'Elvis Presley: The Searcher, Parts One and Two': Film Review | SXSW 2018". The Hollywood Reporter. Valence Media. Consultado o 8 de marzo de 2020. 
  2. Perry, Elle (1 de marzo de 2018). "Priscilla Presley, David Porter to premiere Elvis HBO film at SXSW". Memphis Business Journal (American City Business Journals). Consultado o 8 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Greene, Andy (4 de abril de 2018). "‘Elvis Presley: The Searcher’ Pulls Back the Veil on the King". Rolling Stone. Consultado o 8 de marzo de 2020. 
  4. Beifuss, John (9 de abril de 2018). "Elvis the Artist: The 'Searcher' Finds 'Rescue' in New HBO Documentary". USA Today. Consultado o 8 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar