Elizabeth Duval

Escritora e activista trans española

Elizabeth Duval, nada en Alcalá de Henares no ano 2000, é unha escritora, artista e activista trans española.

Elizabeth Duval
Nacemento2000
 Alcalá de Henares
NacionalidadeEspaña
Alma máterInstituto San Isidro, Universidade Paris 1 Panthéon-Sorbonne e Sorbonne Nouvelle
Ocupaciónnovelista, poeta e intérprete
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Asignada ao nacer o sexo masculino, iniciou a súa transición na adolescencia, con 14 anos[1]. Activista trans, participou en programas de televisión moi populares en España na época como convidada: El intermedio (entretemento) e First Dates (telerrealidade de parellas)[1].

Como escritora ten producido obra en moitos xéneros (teatro, ensaio, poesía, narrativa), mais tamén ten realizado performances audiovisuais de carácter reivindicativo.

Estuda Filosofía e Letras Modernas na Universidade da Sorbonne. Vive en La Queue-en-Brie[2], ás aforas de París.

ObraEditar

  • Reina, novela (2020)
  • Excepción, poesía (Letraversal, 2020).

Vida persoalEditar

Defínese como lesbiana[2].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Medina, Eva Blanco (2020-01-20). "La historia de la intelectual ‘trans’ española de 19 años que alterna la Sorbona con ‘First dates’". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-12. 
  2. 2,0 2,1 Vicente, Álex (2020-03-12). "Elizabeth Duval: “Ser trans no significa tanto en mi vida”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-12.