Elisenda Alamany
Elisenda Alamany Gutiérrez, nada en Sabadell en 1983, é unha profesora e política catalá. É deputada no Parlamento de Cataluña na XII lexislatura, inicialmente pola coalición Catalunya en Comú-Podem. Asumiu a portavocía do grupo parlamentario do 18 de xaneiro de 2018 ao 29 de outubro de 2018. En outubro de 2018 impulsou a plataforma "Sobiranistes" como corrente crítica da dirección de En Comú Podem.[1] En febreiro de 2019 abandonou o grupo parlamentario pero mantivo o seu escano. O 24 de febreiro de 2019 anunciou a creación do novo partido "Nova".[2]
Notas
editar- ↑ "Los ‘comuns’ entran en crisis arrastrados por el debate soberanista". Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ "El partido de Elisenda Alamany ya tiene nombre: Nova". 24 de febrero de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019.