En Comú Podem
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
En Comú Podem-Guanyem el Canvi (as súas siglas son ECP) (en galego, En Común Podemos-Ganemos o Cambio) é unha coalición electoral de esquerdas formada pola sección de Podemos en Cataluña, Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo e Barcelona en Comú xurdida en outubro de 2015 co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Cataluña. O cabeza de lista por Barcelona foi o historiador Xavier Domènech.[1]
En Comú Podem | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Xavier Domènech |
Historia | |
Fundación | outubro de 2015 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Xustiza social, dereito a decidir, ecoloxismo, catalanismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 12 / 350 |
Senado de España | 4 / 208 |
Outros datos | |
Na rede | |
encomupodem.cat | |
En Comú Podem expuxo establecer unha relación de igual a igual con Podemos polo que tivo como obxectivo ter grupo parlamentario propio e apostar por articular conxuntamente coa formación de Pablo Iglesias os «puntos en común». A formación non descarta entenderse con sectores de ERC, PSC e busca a forma de achegarse á CUP.[2]
Nas eleccións xerais de 2015 presentouse como En Comú Podem e nas eleccións xerais de 2016 presentouse baixo o nome En Comú Podem-Guanyem el Canvi.[3]
Resultados electorais
editarNas eleccións xerais de España de 2015 colocouse como primeira forza en Cataluña, con 12 escanos e 927.940 votos (24,74%), sacando case 10 puntos á segunda forza. Por provincias gañou as eleccións en Barcelona (26,91%, nove escanos) e en Tarragona (20,65%, un escano), e foi terceira forza en Xirona (16,26%, un escano) e en Lleida (15,34%, un escano).[4]
Dos 12 deputados obtidos pola coalición, tres corresponden a ICV, dous a Podemos, dous a EUiA, dous a Barcelona en Comú, dous a Procés Constituent, membros á súa vez de Barcelona en Comú e un é independente, sen adscrición máis aló de En Comú Podem. Igualmente, dos catro senadores electos, dous son membros de Podemos, un de ICV e un independente.
Resultados electorais nas eleccións xerais | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Eleccións | Circunscrición | Votos | % | Diputados | |||
20 de decembro de 2015 (Congreso) |
Barcelona | 26,91 | 9 / 31 | ||||
Xirona | 16,26 | 1 / 6 | |||||
Lleida | 15,34 | 1 / 4 | |||||
Tarragona | 20,65 | 1 / 6 | |||||
Total | 927.940 | 3,69 | 12 / 350 | ||||
26 de xuño de 2016 (Congreso) |
Barcelona | 26,23 | 9 / 31 | ||||
Xirona | 17,3 | 1 / 6 | |||||
Lleida | 16,64 | 1 / 4 | |||||
Tarragona | 21,84 | 1 / 6 | |||||
Total | 848.526 | 3,55 | 12 / 350 |
Notas
editar- ↑ "La coalición impulsada por Colau para el 20-D se llamará 'En Comú Podem'". El Periódico de Cataluña. 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015.
- ↑ "Barcelona en Comú aprueba ir a las generales junto a Podem, ICV y EUiA". Público. 28 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015.
- ↑ "Registradas 12 coaliciones ante la Junta Electoral Central para el 26J". La Razón. 14 de maio de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016.
- ↑ "Resultados electorales". El País. Consultado o 20 de decembro de 2015.