Elemento (matemáticas)

obxecto matemático que forma parte dun conxunto ou familia

En matemáticas, un elemento (ou membro) dun conxunto é calquera dos obxectos distintos que pertencen a ese conxunto.

Conxuntos editar

Escribindo   significa que os elementos do conxunto A son os números 1, 2, 3 e 4. Os conxuntos de elementos de A, por exemplo  , son subconxuntos de A.

Os conxuntos tamén poden ser por si mesmos elementos. Por exemplo, considere o conxunto  , os elementos de B son tres: os números 1 e 2, e o conxunto  .

Os elementos dun conxunto poden ser calquera cousa. Por exemplo,   é o conxunto cuxos elementos son as cores vermella, verde e azul.

Notación e terminoloxía editar

A relación "é un elemento de", tamén chamada pertenza ao conxunto, denotase co símbolo "∈".

Por tanto,

 

significa que "x é un elemento de A ".[1] Temos varias expresións verbais equivalentes como "x é membro da que A ","x pertence A ","x está en A ","A inclúe x" e " A contén x".

A negación da pertenza do conxunto denotase co símbolo "∉". Podemos escribir

 

que significa que "x non é un elemento de A".

Exemplos editar

Usando os conxuntos definidos anteriormente, é dicir, A = {1, 2, 3, 4}, B = {1, 2, {3, 4}} e  , as seguintes afirmacións son verdadeiras:

  • 2 ∈ A
  • 5 ∉ A
  • {3, 4} ∈ B
  • 3 ∉ B
  • 4 ∉ B
  • violetaC

Cardinalidade dos conxuntos editar

O número de elementos dun conxunto en particular é unha propiedade coñecida como cardinalidade; informalmente, este é o tamaño dun conxunto.[2] Nos exemplos anteriores, a cardinalidade do conxunto A é 4, mentres que a cardinalidade do conxunto B e do conxunto C son ambos os dous 3.

Notas editar

  1. Weisstein, Eric W. "Element". mathworld.wolfram.com (en inglés). Consultado o 2020-08-10. 
  2. "Sets - Elements | Brilliant Math & Science Wiki". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar