Eleccións xerais de Polonia
As eleccións parlamentarias de Polonia son aquelas nas que os cidadáns de Polonia, por voto, escollen os seus representantes (460 deputados e 100 senadores) nun sistema bicameral do Parlamento (Sejm e Senat). Estas eleccións xerais realízanse como máximo cada catro anos, aínda que tamén hai posibilidade de eleccións anticipadas, como pasou no 2007.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Sejm_rp_front_20070103.jpg/220px-Sejm_rp_front_20070103.jpg)
As eleccións en Polonia están supervisadas pola Comisión Electoral Nacional (Państwowa Komisja Wyborcza).