Eleccións municipais en Negueira de Muñiz
As súas eleccións realízanse con listas abertas, é dicir, cada elector pode sinalar un máximo de catro nomes de entre os que conforman as tres listas de PP, PSOE e BNG. Os cinco candidatos que reúnan máis votos serán os cinco concelleiros.
Corporacións democráticas en Negueira de Muñiz desde a aprobación da Constitución de 1978.

- 1979 Alcalde: Eladio Basadre Lodos — UCD
- 1983 Alcalde: Eladio Basadre Lodos — CG
- 1987 Alcalde: Eladio Basadre Lodos — PSdeG-PSOE
- 1991 Alcalde: Eladio Basadre Lodos — PSdeG-PSOE
- 1995 Alcalde: Eladio Basadre Lodos — PSdeG-PSOE
- 1999 Alcalde: Eladio Basadre Lodos — PSdeG-PSOE
- 2003 Alcalde: Eladio Basadre Lodos — PSdeG-PSOE. Finado en xuño de 2003, foi substituído por José Manuel Braña Pereda (PSdeG-PSOE).
- 2007 Alcalde: José Manuel Braña Pereda — PSdeG-PSOE. Nas eleccións de 2007 Negueira de Muñiz foi o único concello de España no que o PP non obtivo nin un só voto. Nin sequera os integrantes da lista puideron votarse a si mesmos porque non se atopaban censados no concello lucense.[1]
- 2011 Alcalde: José Manuel Braña Pereda — PSdeG-PSOE

- 2015 Alcalde: José Manuel Braña Pereda — PSdeG-PSOE
- Candidatos: José Manuel Braña Pereda (PSdeG-PSOE), José María Braña López (PP) e Salvador María Ronda Citores (BNG).[2]

NotasEditar
- ↑ Dirección Xeral de Política Interior
- ↑ Xunta Electoral de Zona da Fonsagrada. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia de Lugo, 22/04/2015.