Elaine de Astolat
Elaine de Astolat, tamén coñecida como Elaine a Branca, Elaine a Xusta ou A dama de Shalott, é un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É filla de Bernard de Astolat e unha figura clásica do amor non correspondido.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Sophie_Anderson_Elaineor_%28The_Lily_Maid_of_Astolat%29_1870.jpg/300px-Sophie_Anderson_Elaineor_%28The_Lily_Maid_of_Astolat%29_1870.jpg)
No libro Le Morte d'Arthur de Thomas Malory, ela está namorada de Lancelot, quen acepta levar as súas cores durante un torneo para non ser recoñecido. Isto fixo que a raíña Xenevra ficase moi anoxada. Finalmente, Elaine morre de amor polo seu cabaleiro.