Elafónisos

Illa grega.

Elafónisos (grego Ελαφόνησος) é unha pequena illa grega entre o Peloponeso e Citera. Atópase na costa de Cabo Malea e Vatika. A superficie da illa é de 19 km².

Elafónisos
Ελαφόνησος
Praia de Simos
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaPeloponeso
ArquipélagoIllas Xónicas
MarMar Xónico
Coordenadas36°29′N 22°57′L / 36.483, -22.950Coordenadas: 36°29′N 22°57′L / 36.483, -22.950
Xeografía
Superficie19´992 km²
Punto máis alto276 m.
Demografía
Poboación1.041 (2011)
Densidade52´1 hab./km²

A poboación é de entre 300 e 350 persoas durante o inverno, pero se incrementa dramaticamente nos meses de verán. Durante xullo e agosto o número de turistas chega a máis de 3.000 por día (traendo con eles uns 1.600 coches). Moitas persoas visitan a illa polas súas praias de area branca. Entre as máis coñecidas das súas praias están Sarakiniko, Fragos (Simos) e Panagias Nissia, todas cheas de augas azulverdosas.

Elafónisos é de lonxe a illa habitada máis grande do arquipélago do Peloponeso, e a única que é un concello independente. Tamén hai algúns descubrimentos arqueolóxicos para explorar na illa e nas augas circundantes. A igrexa principal da comunidade é Agios Spyridon (en grego: Άγιος Σπυρίδων), que está construída sobre un pequeno illote separado da terra, que está conectado por unha ponte sobre augas pouco profundas co resto da illa. A superficie do concello tamén inclúe 3 km² na parte continental que consiste principalmente na famosa praia de Punta.

No continente, aproximadamente, a uns 6´5 km. ao leste está Neapoli (en grego: Νεάπολη) do municipio de Vatika. Preto de 8´5 km ao sur do está Cabo Frangos (en grego: Φράγκο) na illa de Citera.

Poboación histórica editar

Ano Poboación da illa Poboación do concello
1981 611
1991 653 725
2001 625 745
2011 816 1.041

Historia editar

Na antigüidade, Elafónisos non constituía unha illa senón unha península co nome "Onou Gnathos" (grego: Όνου Γνάθος) (Queixada de Burro), de acordo a Pausanias.[1] Xusto á beira da costa de Elafonisos atópase o lugar arqueolóxico de Pavlopetri, unha cidade afundida que se remonta a principios dos anos do terceiro milenio AEC e crese que foron reclamados polo mar ao redor do 1000 AEC.[2]

Referencias editar

  1. Description of Greece book 3, chapter 22, section 10 "kalousi de Onou gnathon tên akran". (2.94), (1.97) and Strabo Geography (2.22), (2.71), (4.22), (4.28)[1][Ligazón morta]
  2. "Lost Greek city that may have inspired Atlantis myth gives up secrets". the Guardian (en inglés). 2009-10-16. Consultado o 2022-04-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar