Eladio Moure Rey

sindicalista e político galego

Eladio Moure Rey, nado en Ourense en 1901 e finado en Ferrol o 22 de maio de 1991,[1] foi un sindicalista e político socialista galego.

Infotaula de personaEladio Moure Rey
Biografía
Nacemento1901 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1991 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empregado de banca. Participou na creación da UGT de Ourense. Afiliado á Juventud Socialista de Ourense, foi delegado ao Congreso de 1922. Militante da Agrupación Socialista de Ourense, foi o seu representante no Congreso Regional do PSOE de Galicia de Monforte en 1931 e da que foi elixido presidente en febreiro de 1934.[2] Foi secretario da Agrupación de Dependencia Mercantil y Bancaria de Ourense e vogal da Comisión Executiva da Federación Regional Gallega de Trabajadores de Banca dende setembro de 1932. Foi representante obreiro nos Xurados Mixtos de Banca e membro da Federación Provincial Agraria. Pertenceu á loxa Constancia nº 13 co nome simbólico de "Karl Marx". Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, polo que sufriu pena de destierro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1942, sendo sobresido por "simple afiliado sen actuación destacada", e tamén polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia,A Coruña, 23-5-1991, p. 72.
  2. El Pueblo Gallego, 21-2-1934, p. 9.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Quintas Ferreño, F. J. (2012). Movemento obreiro socialista na provincia de Ourense (1895-1936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. 

Ligazóns externas editar