El Toro é unha localidade venezolana situada na illa de Toas, é a capital do municipio de Almirante Padilla do estado Zulia. O nome do municipio foi posto en homenaxe ao militar José Prudencio Padilla.

Modelo:Xeografía políticaEl Toro, Zulia

Localización
Mapa
 10°57′24″N 71°39′19″O / 10.95667, -71.65528Coordenadas: 10°57′24″N 71°39′19″O / 10.95667, -71.65528
EstadoVenezuela
Estado da Venezuela (pt) TraducirZulia
Município da Venezuela (pt) TraducirMunicipio Almirante Padilla Editar o valor em Wikidata

Situación editar

 
Sede da alcaldía

El Toro está situado entre o lago de Maracaibo e o golfo de Venezuela.

Historia editar

Foi fundada en 1774 como parte do proceso de colonización levado a cabo polo Imperio español nas ribeiras do lago, para entón formaba parte da antiga Provincia de Maracaibo.

Economía editar

Desde o século XVIII serviu como un dos principais centros de extracción de pedra calcaria para a construción de edificios militares e civís na rexión do Zulia.

A economía de El Toro céntrase fundamentalmente na pesca, as salinas e a minería, destacando o comercio de cemento, pedra cacaria, granzón e cal. O turismo experimentou un crecemento moderado desde os anos 90.[1]

Notas editar

  1. Parra Gonzalez, Dagoberto (14 de outubro de 2008). "San Carlos, Zapara e Isla de Toas esperan a turistas". El Diario de los Andes. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar