Almirante Padilla

Almirante Padilla é un municipio de Venezuela. O seu nome é unha homenaxe ao almirante José Prudencio Padilla.

Municipio Insular Almirante José Prudencio Padilla (Almirante Padilla)
Bandeira de Almirante Padilla
Escudo de Almirante Padilla
BandeiraEscudo
Venezuela - Zulia - Almirante Padilla.svg
EstadoZulia
CapitalEl Toro, Zulia
 • Poboaciónn/d
Linguas oficiaiscastelán
 • Total151 km²
 • Total14.000 hab.
 • Densidade80 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarion/d
Código ISOn/d

AdministraciónEditar

Almirante Padilla é un dos 21 municipios do Estado Zulia en Venezuela.

PoboaciónEditar

En 2011, a poboación era 11 929 habitantes[1].

CapitalEditar

A súa capital e sede da alcaldía é El Toro, Toas.

SubdivisiónsEditar

O municipio está formado por dúas parroquias civís cada unha encabezada por unha capital (entre parénteses):

  • Illa de Toas (El Toro, sede da alcaldía)
  • Monagas (San Carlos)
 
Médanos de Zapara

XeografíaEditar

O municipio está situado entre o lago de Maracaibo e o golfo de Venezuela.

Ademais das illas de Toas e Monagas, con cadansúa capital, integran o concello as illas de Zapara, Pescadores, Pájaros, Maraca e Bajo Pedro Colina, ademais doutros illotes menores.

HistoriaEditar

Século XVIIEditar

O cacique Nigale, líder da resistencia do pobo añú e paraujano de Coquivacoa, caíu en combate contra os invasores da coroa de Castela na illa Zapara, un 23 de xuño de 1607.

Século XIXEditar

Por decreto do Presidente da República, Dr. Raimundo Andueza Palacio, o 3 de maio de 1890; se declárase ao Zulia e Falcón en posesión das respectivas soberanías. En xullo do mesmo ano incorpóranse ao Zulia as illas de Toas e San Carlos, confiándoselle a súa organización civil, e son integradas ao distrito Mara.

Século XXEditar

Despois de máis dun século de pertencer ao distrito Mara, o 26 de maio de 1989 pasa a conformar un municipio independente co nome do prócer da independencia colombiana, o almirante José Prudencio Padilla.

Século XXIEditar

O 7 de setembro de 2015 o presidente venezolano Nicolás Maduro, declarou parcialmente un estado de excepción no Estado fronterizo do Zulia, pola crise diplomática con Colombia polos acontecementos ocorridos no Estado Táchira, sendo esta entidade municipal un dos tres municipios afectados pola medida presidencial.[2]

EconomíaEditar

Desde o século XVIII serviu como un dos principais centros de extracción de pedra calcaria para a construción de edificios militares e civís na rexión do Zulia. A economía de El Toro céntrase fundamentalmente na pesca no Lago de Maracaibo, as salinas e a minería, destacando o comercio de cemento, pedra calcaria, granzón e cal. O turismo experimentou un crecemento moderado desde os anos 90.[3]

NotasEditar

  1. "Censo de Poblacion y Vivienda/ entidad: Zulia". ine.gob.ve (en castelán). [Ligazón morta]
  2. "Estado de excepción en tres municipios". elmundo.com.ve (en castelán). Consultado o 3-5-2022. 
  3. San Carlos, Zapara e Isla de Toas esperan a turistas Arquivado 30 de xuño de 2012 en Archive.is 'El Diario de Los Andes'. 14 de outubro de 2008. (en castelán)

Véxase taménEditar