El Sol (O Carballiño)

El Sol foi un semanario editado no Carballiño en 1916.

El Sol
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Semanario independiente defensor de los intereses locales,[1] apareceu o 2 de xaneiro de 1916.[2]. Estaba dirixido por Bernardo Fernández Rodríguez. Publicábase os domingos. Rival de Ecos del Arenteiro, editábase na imprenta de Ramón Godás. Constaba de catro páxinas en formato tabloide. Deixou de publicarse co número 26 en xullo de 1916 e foi substituído por El Sol Carballinés.[3]

  1. El Progreso, 8-1-1916, p. 2.
  2. La Correspondencia Gallega, 7-1-1916, p. 3.
  3. Vida Gallega, 1-8-1916, p. 27

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Rodríguez, Xosé Manuel (1993). Ramón Godás. Fotógrafo e impresor. O Carballiño: XOCIVIGA. pp. 67–68.