Jacinto Almadén

cantaor flamenco
(Redirección desde «El Niño de Almadén»)

Jacinto Antolín Gallego, chamado artisticamente Jacinto Almadén, tamén chamado El Niño de Almadén, nado en Almadén en 1899 e finado en Igualada en 1968, foi un cantaor flamenco.

Jacinto Almadén
Nome completoJacinto Antolín Gallego
AlcumeNiño de Almadén e Jacinto Almadén
Nacemento1899
Lugar de nacementoAlmadén
Falecemento1968
Lugar de falecementoIgualada
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
Na rede
Musicbrainz: 61c78bc9-90a2-440d-acd8-dfee5aa585d7 Discogs: 1005707 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Debutou en 1918 no Kursaal Magdalena de Madrid e instalouse nesa cidade, onde actuaba ás noites en clubs e cafés. Sábese que compartiu escenario na década dos vinte e dos trinta con Antonio Chacón, Angelillo, Guerrita, Pepe Marchena, Consuelo La Trianera ou Cigarrera. En 1939 estivo nun espectáculo con Juanito Valderrama no Teatro Pavón de Madrid e despois de varios anos cantanto e de xira pasa a integrar o balé de Pilar López, encabezado por Manolo El Malagueño.

Entre 1948 e 1961 actuou con José Cepero, El Culata, Pepe de Badajoz, Vargas Araceli, Antonio Arenas, Soledad Miralles, Carmen Mora ou El Güito. En 1962 realiza as súas primeiras gravacións no estranxeiro, en París, e neses últimos anos da súa vida serán frecuentes as viaxes e as gravacións en Francia. Tamén neses anos comeza a recibir diversos homenaxes, como o que se celebrou no sonado tablao madrileño Las Cuevas de Nemesio, en 1965 ou en La Unión en 1968. Ofreceu recitais no Teatro de la Comedia de Madrid, na Universidade da Sorbonne e no Theâtre des Nations, os dous en París, e faleceu precisamente cando regresaba de Bordeos a Madrid, nun accidente de tráfico en Igualada.

DiscografíaEditar

En antoloxíasEditar

FilmografíaEditar

Unha serrana de Jacinto Almadén aparece na banda sonora de Caravaggio, o filme dirixido por Derek Jarman en 1986[1].

NotasEditar

  1. Caravaggio Arquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Dailymotion, min. 42-45.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar