El Mendo

xornal editado en Betanzos entre 1890 e 1891

El Mendo foi un xornal editado en Betanzos entre 1890 e 1891.

El Mendo

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeBetanzos
Na rede
Galiciana: 5163
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Subtitulado Diario de la Tarde, apareceu en maio de 1890,[1] fundado pola antiga redacción de El Valdoncel. O director e propietario era Adolfo Vázquez Gómez e o administrador Julio Romay Rodríguez. Os redactores eran José Alguero Penedo, Juan Gómez Navaza e Ramón Sanjurjo Ossorio. En novembro de 1890 fusionouse con El Valdoncel, e a nova publicación conservou o título de El Mendo coa dirección de Adolfo Vázquez Gómez.[2] Cesou a súa publicación co número 489, correspondente ao 29 de decembro de 1891.

  1. A Monteira, 24-5-1890, p. 3, da conta da recepción do "novo periódico de Betanzos El Mundo".
  2. El Regional, 24-11-1890, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar