El Eco de Bergantiños

El Eco de Bergantiños foi un periódico editado en Carballo en 1909.

El Eco de Bergantiños
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 10 de febreiro de 1909. Fundado e dirixido por Gervasio Varela Varela. Periódico decenal (aparecía os días 10, 20 e 30 de cada mes), editábase na propia imprenta do director. Eduardo S. Serrano era o director literario e principal redactor (asinando moitas veces con pseudónimos) e entre os seus colaboradores figuraron Guillermo Díaz e Hernán Sáez (que tamén asinaron con pseudónimos). Publicaba crónicas ou novas de carácter xeral e tiña seccións de agricultura, traballos en torno á historia de Carballo e á súa comarca e "Album poético" ou "Hojarasca" de poesía. Cesou a súa publicación co número 16, o 20 de xullo dese mesmo ano.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar