El Anacronópete

obra literaria de Enrique Gaspar

El Anacronópete é unha novela de ciencia ficción escrita por Enrique Gaspar y Rimbau publicada en Barcelona no ano 1887 na que se describen viaxes no tempo por medio dunha máquina. Foi a primeira novela de ciencia ficción en castelán e a primeira da literatura occidental que describe o uso de máquinas do tempo, adiantándose á publicación das obras de H.G. Wells The Chronic Argonauts (1888) e á Máquina do tempo, do ano 1895.[1]

El Anacronópete
Autor/aEnrique Gaspar
Xénero(s)ciencia ficción
Data de pub.1887
editar datos en Wikidata ]

Publicada en 1887 en Barcelona, a novela El Anacronópete é unha das obras máis importantes de Enrique Gaspar y Rimbau. É unha novela de ciencia ficción que se adiantou a H. G. Wells na invención da máquina do tempo.[2]As ilustracións da primeira edición foron realizadas por Francesc Gómez Soler.[1]

Novela en formato de zarzuela, foi o primeiro traballo no que se inventa unha máquina para viaxar no tempo: o anacronópete, unha caixa enorme de ferro fundido que navega grazas á electricidade, move catro grandes culleres mecánicas para desprazarse e que ademais doutra maquinaria produtora do chamado «fluído García», fai que os pasaxeiros non rexuvenenzcan cando viaxan cara a atrás no tempo. A máquina inclúe toda clase de comodidades no seu interior, entre elas, vasoiras que barren solas.

A máquina serve de escusa para unha historia en tres actos nos que don Sindulfo García, científico de Zaragoza e inventor do trebello, canda o seu amigo e axudante Benjamín, a sobriña e pupila Clarita, a criada desta última, Juanita, o capitán Luís (o namorado de Clarita), uns cantos húsares e un grupo de francesas comisionado polo goberno francés se desprazan no tempo.

No primeiro acto saen de París, da Exposición Universal de 1878 e viaxan ata a batalla de Tetuán en 1860. Rematan por regresar a París o día previo á súa saída.

No segundo acto viaxan de novo ao pasado, parándose en diversos momentos históricos como a Granada de 1492 ou Rávena do 690 para aprovisionarse. Acaban na China do século III onde sofren algunhas aventuras, conseguindo escapar baixo o mando de Benjamín. Os personaxes evolucionan, con Benjamín obsesionandose pola vida eterna, don Sindulfo toleando de celos de celos por Clarita e esta última namorando do capitán Luís. No terceiro acto, logo dunha parada na Pompeia do Vesubio no ano 79, chegan ao século XXX a. C., no tempo de Noé. Alí descobren o segredo da vida eterna en Deus. Finalmente don Sindulfo, no medio da tolemia, acelera o anacronópete, que estoura ao chegar ao día da creación.

A obra pasou bastante desapercibida na súa época.[1] En novembro de 2017 foi reeditada en formato rústica pola editorial Inlibris, impulsada por Andrés Massa.[3][4]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 alpoma (11 de outubro de 2005). "El Anacronópete". Tecnología Obsoleta (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  2. "La máquina del tiempo trae de vuelta a su inventor»". El País. 17 de abril de 2011. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  3. Cols, Carles (31 de maio de 2020). "¡El Anacronópete desafía al Ministerio del Tiempo!, por Carles Cols". elperiodico (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  4. "El anacronópete : la metempsícosis-viaje a China". Base de datos de libros editados en España. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar