Abrir o menú principal

Elías Valiña

sacerdote galego
(Redirixido desde "Elías Valiña Sampedro")

Elías Valiña Sampedro, coñecido como O cura do Cebreiro, nado en Lier (Sarria) o 2 de febreiro de 1929 e finado o 11 de decembro de 1989, foi un sacerdote e escritor galego[1].

Elías Valiña
CebreiroDElias.jpg
Nome completoElías Valiña Sampedro
Nacemento2 de febreiro de 1929
 Lier
Falecemento11 de decembro de 1989
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Comillas en 1959 e doutorado na Universidade Pontificia de Salamanca en 1965. Foi párroco do Cebreiro dende 1959, propulsou a restauración do poboado do Cebreiro, rematada en 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Foi un estudoso do Camiño de Santiago que sinalizou coas frechas amarelas o traxecto desde Francia e, en Galicia recuperou tramos perdidos e promoveu a creación do Boletín del Camino de Santiago. Dirixiu o Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975) e o Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo (1980-1983).

ObrasEditar

  • El Camino de Santiago: estudo histórico-jurídico, 1971 (Premio Antonio de Nebrija 1967).
  • Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo (Premio José María Cuadrado, CSIC).
  • El Camino de Santiago. Guía del peregrino, 1985.

NotasEditar

  1. Elias Valiña Sampedro en Jacobeoenpie.com (en castelán).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar