Eiríks saga rauða
A saga de Erik o Roxo ou Eiríks saga rauða é unha obra literaria escrita en prosa que narra as aventuras dun grupo de viquingos que colonizan Groenlandia, Marklandia e Vinlandia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/Erikr-eng.png/350px-Erikr-eng.png)
Esta é unha das sagas islandesas do século XIII de autor anónimo.
Comentarios
editarEste é un dos rexistros e fontes utilizados polos investigadores para estudar o posíbel contacto entre Europa e América no ano 1000, uns cinco séculos antes da chegada de Cristovo Colón.
Argumento
editarEn esencia, a Saga de Eirik o Roxo relata os mesmos acontecementos que a Saga dos Groenlandeses: Uns viquingos de orixe norueguesa, entre eles Erik o Roxo, parten desde Islandia e descobren Groenlandia, a cal colonizan. Máis tarde, Leif Eriksson diríxese máis ao oeste e establécese na terra que denominan Vinland (Terra do Viño), pero os ataques de indíxenas e outras dificultades obrígaos a retirárense, ao cabo duns anos.