Einion ap Madog ap Rhahawd

Einion ap Madog ap Rhahawd (fl. 1237) foi un poeta cortesán galés que cantou no segundo cuarto do século XIII. Foi o poeta da corte na época de Llywelyn Fawr, rei de Gwynedd.

Infotaula de personaEinion ap Madog ap Rhahawd
Biografía
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sábese pouco sobre a vida persoal de Einion. Descendía da familia de avogados galeses que se coñecen como Llwyth Cilmin Droetu, que estaba en conexión con Llanddyfnan en Môn pero que eran orixinarios da zona do cwmwd de Uwch Gwyrfai en Arfon. Era familiar en cuarto grao do bardo tardío Gruffudd ab yr Ynad Coch, e cantou unha famosa elexía ao príncipe Llywelyn ap Gruffudd. Cítase o pai de Einion, Madog ap Rhahawd, no texto xenealóxico Bonedd Gwŷr Arfon que rexistra leito (terra familiar) de Gwyrion Rhahawd na zona de Dinas Dinlle, Uwch Gwyrfai, a principios do século XIV.

Obra editar

Só se conserva un poema da obra de Einion ap Madog ap Rhahawd. Aparece no Manuscrito Hendregadredd e seis manuscritos posteriores que derivan daquel. É unha breve awdl de loanza a Gruffudd ap Llywelyn Fawr. Tomou a súa forma despois de Gruffudd liberarse do confinamento en 1234 e antes do seu encarceramento en 1239, época na que Gruffudd gobernaba na súa terra herdada en Llŷn e Eifionydd e parte do reino de Powys, baixo a autoridade de seu pai, coa súa corte en Castell Cricieth moi probabelmente.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gruffydd Aled Williams (ed.), 'Gwaith Einion ap Madog ap Rhahawd', en, Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1995). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'. (en galés)