Eiléan Ní Chuilleanáin
Eiléan Ní Chuilleanáin (pron. [ɛˈlʲeːn̪ˠ n̠ʲiː ˈxɪl̠ʲənˠaːnʲ]), nada en Cork o 28 de novembro de 1942, é unha poeta e académica irlandesa. Ocupou a Cátedra de Poesía de Irlanda entre 2016 e 2019.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1942 (82 anos) Cork, Irlanda |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, tradutora, poetisa, escritora |
Membro de | |
Familia | |
Nai | Eilís Dillon |
Traxectoria
editarÉ filla da escritora Eilís Dillon[2] e do catedrático emérito Cormac Ó Cuilleanáin.[3] Estudou na University College Cork e na Universidade de Oxford. Viviu en Dublín co seu marido, o finado Macdara Woods, e teñen un fillo, Niall Woods. É membro do Trinity College Dublin e profesora emérita da School of English de dita universidade, na que entrou en 1966.[4]
A súa poesía reflicte os seus amplos intereses académicos, en particular a literatura do Renacemento, na que é especialista, e o seu interese pola tradución. En 2011 retirouse do ensino a tempo completo. É membro de Aosdána[4][5] e cofundadora da revista literaria Cyphers, xunto con Pearse Hutchinson, Macdara Woods e Leland Bardwell.[4][6] Contribuíu con varias recitacións dos seus poemas, incluído "Small" (escrito após a morte de Pearse Hutchinson), ao Irish Poetry Reading Archive.[7]
Recoñecementos
editarEn 1966, gañou o premio The Irish Time de poesía.[4] O primeiro poemario de Ní Chuilleanáin gañou o Premio de Poesía Patrick Kavanagh en 1973. En 2010 The Sun-fish recibiu o Premio de Poesía Griffin,[4] un premio internacional con base no Canadá, e foi finalista do Premio Poetry Now. En 2016 recibiu a Cátedra de Poesía de Irlanda de Poesía de mans do presidente de Irlanda, Michael D. Higgins.
Publicacións
editarPoemarios
editarNí Chuilleanáin publicou con The Gallery Press en Irlanda e con Wake Forest University Press nos Estados Unidos.[8][9]
- Acts and Monuments (Dublin: The Gallery Press, 1972)
- Site of Ambush (Dublin: The Gallery Press, 1975)
- The Second Voyage (Dublin: The Gallery Press, 1977; Winston-Salem, NC: Wake Forest University Press, 1977)
- The Rose Geranium (Dublin: The Gallery Press, 1981)
- The Second Voyage (Dublin: The Gallery Press, 1986; Newcastle upon Tyne: Bloodaxe Books; Winston-Salem, Wake Forest University Press, 1991)
- The Magdalene Sermon (Oldcastle: The Gallery Press, 1989). Finalista do Premio Irish Times/Aer Lingus Award.
- The Brazen Serpent (Oldcastle: The Gallery Press, 1994; Winston-Salem, North Carolina: Wake Forest University Press, 1995)
- The Girl Who Married the Reindeer (Oldcastle: The Gallery Press, 2001; Winston-Salem, North Carolina: Wake Forest University Press, 2002)
- Selected Poems (Oldcastle: Gallery Press, 2008; London: Faber and Faber; Winston-Salem, North Carolina: Wake Forest University Press, 2009)
- The Sun-fish (Oldcastle: Gallery Press, 2009; Winston-Salem, NC: Wake Forest University Press, 2010). Gañador do Premio Internacional de Poesía Griffin en 2010).
- The Boys of Bluehill (Oldcastle: Gallery Press, 2015; Winston-Salem, NC: Wake Forest University Press)
Obra académica seleccionada
editar- As I Was Among Captives: Joseph Campbell's Prison Diary, 1922-23 (Cork: Cork University Press, 2001)
- The Wilde Legacy, ed. (Dublin: Four Courts Press, 2003)
- Translation and Censorship: Patterns of Communication and Interference, ed., con Cormac Ó Cuilleanáin e David Parris (Dublín: Four Courts Press, 2009)
- Heresy and Orthodoxy in Early English Literature, 1350-1680, ed., con John Flood (Dublin: Four Courts Press, 2010)
- Translation, Right or Wrong, ed., con Cormac Ó Cuilleanáin e Susana Bayó Belenguer (Dublin: Four Courts Press, 2013)
Notas
editar- ↑ "Professor Eiléan Ní Chuilleanáin". The Ireland Chair of Poetry (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ "The Eilís Dillon Irish Writing Pages" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ "Cormac Ó Cuilleanáin - Professor Emeritus". Trinity College Dublin (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Dawe, Gerald (xaneiro de 2016). "Eiléan Ní Chuilleanáin". tcd.ie (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2023.
- ↑ "Aosdána" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ "Find out more about Cyphers Magazine". Cyphers Magazine (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ "Poetry Readings A-C - Irish Poetry Reading Archive". LibGuides at UCD (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2022.
- ↑ "Eiléan Ní Chuilleanáin". The Gallery Press (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2022.
- ↑ "Eiléan Ní Chuilleanáin". Irish Poet Published by Wake Forest University Press (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2022.