Ehmedê Xanî
Ehmedê Xanî, nado en Hakkari en 1650 e finado en Doğubeyazıt en 1707, foi un escritor, poeta, astrónomo e filósofo kurdo.
Ehmedê Xanî | |
---|---|
Nacemento | 1650 |
Lugar de nacemento | Hakkâri |
Falecemento | 1707 |
Lugar de falecemento | Doğubayazıt |
Nacionalidade | Imperio Otomán |
Relixión | Islam |
Ocupación | escritor, poeta e filósofo |
Coñecido por | Mem and Zin e sen etiquetar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pertencía á tribo khani establecida na provincia Hakkari, na actual Turquía. Mudouse a Bayezid na provincia de Ritkan e alí se asentou. Máis tarde ensinoulles kurdo aos rapaces. Redactou un dicionario rimado árabe-kurdo co título de Nûbihar [1] en 1683 para axudar os nenos no seu proceso de aprendizaxe. A súa obra máis importante é a clásica historia de amor kurda Mem û Zin (1692), considerada un dos piares e a epopea por antonomasia da literatura kurda [2], e onde Xanî fala da opresión dos kurdos e da falta dun rei que os unifique como pobo, o que fixo que moitos o consideraran o fundador do nacionalismo kurdo[3]. Outra das súas obras é Eqîdeya Îmanê que é en parte poema e parte prosa, na obra explica os cinco piares da fe islámica. Publicouse por primeira volta en 2000, en Suecia. Tamén é autor do libro de astronomía e xeografía Erdê Xweda.
NotasEditar
- ↑ Mehmed Uzun (2006) Kürt edebiyatına giriş. Ithaki Publishing, p. 27
- ↑ "Ahmad Khani (1651 - 1707)" Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine. Kurdish Academy of Language
- ↑ F. Shakely "AḤMAD-E ḴĀNI" Encyclopaedia Iranica