Egatel
Egatel é unha empresa galega de telecomunicacións fundada en 1992 e con sede en San Cibrao das Viñas, no Parque Tecnolóxico de Galicia. Actualmente é propiedade de Comsa-Emte.
EGATEL | |
---|---|
Tipo | Sociedade limitada |
Fundación | 1992 |
Matriz | Comsa Emte |
Localización | Avda. de Ourense 1. Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 San Cibrao das Viñas Galicia |
Persoas clave | Javier Taibo, director |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Electrónica Telecomunicacións DVB |
Na rede | |
http://www.egatel.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Egatel fabrica, deseña, instala e mantén infraestruturas de telecomunicacións profesionais para televisión e radio analóxico e dixital terrestre DVB-T tanto en España como fóra, principalmente para Abertis.
En Galiza, Retegal emprega os seus equipos para distribuír os sinais da CRTVG a toda Galiza.
Historia
editarEgatel fúndase en 1992 primeiro como fabricante de aparellos de recepción de tv satélite domésticos e despois como fabricante de microrepetidores analóxicos. En 1994, trasládase á súa localización actual. En 1995 consegue as primeiras homologacións para traballar en equipamento profesional para Abertis. En 1996 entra no accionariado Unión Fenosa con IPT. En 1996 é o principal subministrador de equipamento dixital para AbertisTelecom en España. En 1999 inaugura a sede actual. En 2002 subministra o equipamento dixital para Quiero TV. En 2004 entra no mercado internacional subministrando equipamento de transmisión de 10KW de potencia analóxica. En 2005 entra a formar parte de Emte. En 2008 abre en Madrid departamento comercial propio. En 2009 Emte e Comsa fusiónanse. En 2010 subministra máis de 800 transmisores dixitais de media potencia e máis de 3000 microtransmisores e microreemisores dixitais de baixa potencia de televisión dixital.
Produtos
editar- Transmisores de Tv
- Analóxicos
- Dixitais
- Transmisores de radio
- Analóxicos
- Dixitais
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web de Egatel (en varias linguas)
- Páxina web de Retegal