Efigenia Maseda Paz

profesora e política galega

Efigenia Maseda Paz, nada en Alfoz cara a 1964, é unha profesora e política galega.

Modelo:BiografíaEfigenia Maseda Paz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Alfoz, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Alfoz
2023 – Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora de ensino secundario, política Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi traballadora do Concello de Alfoz, exercendo como educadora familiar, administrativa e animadora sociocultural. Xestionou a organización e coordinación do Mercado Medieval entre 2007 e 2009, evento co que continuou colaborando ata 2018. Traballou como docente en academias de Lugo na década dos anos noventa, e actualmente é profesora de Latín no IES Perdouro de Burela. Foi fundadora e presidente da candidatura Veciños Independentes de Alfoz (VIA) en 2015. En 2021 foi concelleira de Alfoz e portavoz de VIA logo da dimisión dos concelleiros Xabier Pardiñas e Carmen Geada.[1] En abril de 2023 foi elixida cabeza de lista de VIA para as eleccións municipais de 2023.[2] Foi elixida alcaldesa de Alfoz en xuño de 2023 grazas a un pacto co PSdeG-PSOE.[3][4]


Predecesor:
Jorge Val Díaz
  
Alcaldesa de Alfoz
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. González Rey, Ramón (7 de xuño de 2023). "Efigenia Maseda, de asumir la cabeza de lista de VIA hace dos meses a rozar la alcaldía de Alfoz". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de agosto de 2023. 
  2. "Sorpresa en Alfoz: Efigenia Maseda, candidata dos independientes de VIA Alfoz para as municipais". La Voz de Galicia. 17 de abril de 2023. Consultado o 10 de agosto de 2023. 
  3. D., A. (16 de xuño de 2023). "Alfoz tendrá a su primera alcaldesa, la independiente Efigenia Maseda". El Progreso (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2023. 
  4. "Primer día de los que estrenan alcaldía". El Progreso (en castelán). 20 de xuño de 2023. Consultado o 10 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar