Eduos

pobo das Galias

Os eduos ou heduos do latín aeudi ou haeudi (galo: aiduoi, 'o ardente'; grego antigo: Aἴδουοι) foron unha tribo gala que habitaba na que hoxe é a rexión de Borgoña durante a Idade do Ferro e o período romano.

Os eduos tiñan unha relación ambigua coa República Romana, así como con outras tribos galas. No 121 a.C., apelaron a Roma contra os arvernos e os alóbroges. Durante a Guerra das Galias (58 a. C. - 50 a. C.), deron un apoio valioso, aínda que de mala gana, a César, antes de cambiar o seu apoio a Vercinxétorix no 52 a. C. Aínda que estiveron implicados nas revoltas de Xulio Sacrovir no 21 d. C. e Xulio Víndex no 68. A aristocracia edua tornouse moi romanizada baixo o Imperio.[1]

Notas editar

  1. Drinkwater, John F. (2016). "Aedui". Oxford Research Encyclopedia of Classic. ISBN 9780199381135. doi:10.1093/acrefore/9780199381135.013.83.