Din Matamoro
pintor galego (1958- )
(Redirección desde «Eduardo Manuel Matamoro Irago»)
Eduardo Manuel Matamoro Irago, comunmente citado como Din Matamoro, nado en Vigo no 1958, é un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Facultad de Bellas Artes (Universidad Complutense de Madrid) (en) Real Academia de España en Roma |
Actividade | |
Ocupación | pintor , escultor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Premios
|
Traxectoria editar
Na primeira metade dos anos 80 chamaba a atención pola facilidade dos seus debuxos, dominados por un carácter expresivo e un gran sentido do ritmo. Despois foron cadros onde a materia amoreábase creando diferentes capas que se superpoñían. Estancias en Nova York e Roma introduciron conceptos novos: unha visión irónica do seu oficio, unha valoración do fragmentario e iconas próximas á banda deseñada.
Tamén ten realizado serigrafías, coma no conto Carmiña de Manuel Rivas ou ilustracións para diversos libros, coma por exemplo Feliz idade da poeta Olga Novo[1].
Notas editar
- ↑ "Din Matamoro". euseino.org. Consultado o 2021-04-20.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia.