Eduardo Gasset Chinchilla

político español
(Redirección desde «Eduardo Gasset y Chinchilla»)

Eduardo Gasset Chinchilla, nado en Vigo o 28 de xullo de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 3 de abril de 1932[1], foi un avogado e político galego.

Eduardo Gasset Chinchilla
Nacemento28 de xullo de 1865
Lugar de nacementoVigo
Falecemento3 de abril de 1932
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiEduardo Gasset Artime
FillosGerardo Gasset Neira e Eduardo Gasset Neira
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Eduardo Gasset Artime. Sucedeu ao seu pai como deputado a Cortes polo distrito de Padrón entre 1893 e 1898, despois foi elixido polo distrito de Betanzos (1898-1903), polo da Coruña (1903) e polo de Arzúa (1905). En novembro de 1905 renunciou ao escano no Congreso ao ser elixido senador pola provincia da Coruña, permanecendo no posto en sucesivas eleccións ata 1911. Volveu ser elixido deputado a Cortes polo distrito de Padrón en 1914. En 1916 volveu ser elixido senador pola provincia da Coruña e en 1918 foi nomeado senador vitalicio.

En 1903 solicitou permiso para abrir unha explotación mineira no Porto do Son, co nome de Dolores[2]

Casou con María Neira Gasset e foi pai de Eduardo e Gerardo Gasset Neira.

Notas editar

  1. Necrolóxica en ABC
  2. "Nuevos registros de minas" Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine., en Boletín Minero y Comercial, 25 de novembro de 1903.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar