Eduardo Ferreirós Boullosa

sindicalista español


Eduardo Ferreirós Boullosa, nado no Carril en 1904 e finado o 22 de agosto de 1936 no Pousadoiro, foi un sindicalista anarquista galego.

Infotaula de personaEduardo Ferreirós Boullosa
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
O Carril, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Cea, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de mariñeiro[1] e traballador el tamén no mar, militou no anarcosindicalismo e chegou a ser secretario de organización da sección de pesca da CNT do Carril e presidente do sindicato de estibadores da mesma localidade. Sobre o tema da pesca e o marisqueo tamén realizou colaboracións puntuais con distintos xornais, como El Pueblo Gallego[2][3].

«De aquel floreciente comercio, debido a la navegación mercante, de aquel incesante ir y venir de gentes, que tanto distingue a los pueblos marítimos, no queda nada desde hace años. Poco a poco fueron despojando a Carril primero las consignaciones, luego la Aduana, el Ayuntamiento, juzgado, hasta dejarle reducido a la nada».

«Al verse despojado del trabajo del puerto, hubieron de buscar un medio de vida propia, que encontraron en la exportación del marisco, ya existente aunque en pequeña cantidad, y en la actualidad este pueblo vive exclusivamente de ello. Pero nosotros, los pescadores, seguimos siendo los eternos paganos. Un sin número de campesinos de las aldeas, que por falta de trabajo en sus hogares se dedican a la pesca del marisco, vienen a Carril y ceden su mercancía al exportador a bajo precio, abaratando así los capturados por nosotros, y, por tanto, creándonos una grave situación». «Otro problema es la acotación que se viene haciendo de las playas; antiguamente no había más criaderos de marisco que los del canal entre Carril y Cortegada, hoy se extienden ya a norte y sur en grandes extensiones, y no es que lo apremie la necesidad de mejorar la posición del marisco, sino el afán de posesión, pues grandes viveros no producen nada».

"A mi pueblo" El Pueblo Gallego, 23 de xullo de 1933

Asasinato editar

Foi asasinado xunto co seu compañeiro na CNT e veciño, Julián Iglesias del Río, quen ocupara cargos directivos no sindicato de estibadores nos anos anteriores ó 36. O seu cadáver foi abandonado na foxa nº 490 do cemiterio de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa. Un ano máis tarde, durante un xuízo militar desenvolvido contra dezaseis veciños de Carril e Vilagarcía, foi cualificado coma:

...sujeto de malos antecedentes y de ideas extremistas, muy peligroso para la nueva España[4].

A pesar de estar xa morto, foi declarado en rebeldía ("Desapareció en los primeros días del glorioso Movimiento Nacional ignorándose su paradero")[5].

Ademais dunha mención na escultura "Rosas Rotas", no parque de Miguel Hernández de Vilagarcía de Arousa, dende abril do 2004 un monólito e unha placa lembran no cemiterio de Rubiáns o seu pasamento, xunto ó doutras quince persoas máis.

Notas editar

  1. González, Serxio (17 de outubro de 2008). "A volta do tempo esquecido". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2008. , artigo en La Voz de Galicia, 17 de outubro de 2008.
  2. Eduardo Ferreiro e os problemas do marisqueo en 1933, La Voz de Galicia, 25/7/2008
  3. Ferreirós Boullosa, Eduardo (23 de xullo de 1933). "A mi Pueblo". El Pueblo Gallego (en castelán) (2908): 12.  Copia dixital en Galiciana
  4. Causa 610/37 do Arquivo Intermedio Militar Noroeste
  5. Auto xudicial[Ligazón morta permanente]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar