Edición de imaxes

A edición dixital de imaxes por computador ocúpase comunmente de gráficos rasterizados, sexan fotos ou documentos escaneados. Estas imaxes son editadas para optimizalas, manipulalas, retocalas, ou agregar algún obxecto ou cousa que previamente non posuía co fin de alcanzar a meta desexada. Unha das metas pode ser eliminar os erros que poden terse producido durante o escanéo ou ao fotografar, por exemplo sobreexposición, baixaexposición, falta de contraste, ruído na imaxe, ollos vermellos, corrección das paralelas en perspectiva, etc. Estas fallas prodúcense por defectos técnicos nos aparellos fotográficos, escáneres, orixinais defectuosos, etc

Orixinal en cor.
Resaltar unha sección por medio de cores.

As imaxes á dereita mostran algunhas potencialidades da edición: a imaxe superior vese escura, o texto difuso e o motivo fóra de centro. A inferior está corrixida e vese máis nítida, mellor iluminada e o obxecto posto máis ao centro..

O retoque tradicional é substituído cada vez máis pola edición dixital, e moitas veces a edición está incluída dentro do proceso de impresión dixital.

Non se debe confundir a edición de imaxes co procesamento dixital de sinais nin co deseño gráfico.

Algunhas funcións da edición dixital de imaxes editar

 
Efectos gráficos.
 
Exemplo de rotación de imaxes.
 
Exemplo de cambio de cor.
 
Imaxe orixinal.
 
As ramas da imaxe orixinal foron retiradas cun timbre.
 
Imaxe orixinal.
 
Retoque de luz, contraste e nitidez.
 
A catedral de Reims con perspectiva (paralelas indo cara ao punto de fuga vertical)
 
A catedral de Reims con corrección de perspectiva.

A aplicación coa cal se realiza a edición dixital de imaxes chámaselle editor de imaxes, que ofrece numerosas funcións nun menú ou xanela de ferramentas. Algunhas destas funcións son:

  • Escurecer e aclarar: por medio destes algoritmos dixitais pódense imitar os logros dunha virtual prolongación ou diminución do tempo de exposición dunha virtual foto.
  • Selección: algunhas seccións da imaxe poden ser seleccionadas mediante círculos, rectángulos, lazos, rangos de cor, etc. A selección pode ser tratada en forma aparte do resto da imaxe.
  • Correccións automáticas: modifican automaticamente a cor, o ton, o contraste e outros factores da imaxe sen intervención do usuario. Os seus resultados poden non satisfacer a un profesional.
  • Colorkey: realza algún motivo dándolle cor nun transfondo de tons grises.
  • Almacenar: este nome xenérico inclúe polo menos tres posibilidades:
    • Almacenar a imaxe no formato actual,
    • Converter o formato actual a algún outro e logo almacenar a imaxe nese novo formato ou
    • Almacenar no formato actual pero baixo un novo nome.
  • Rotar: por medio da rotación poden ser corrixidos leves erros no axuste vertical ou horizontal, ou crear efectos deliberados na imaxe.
  • Planos: son folios virtuais que conteñen algúns elementos da imaxe que o usuario desexa manter separados do resto. Poden ser marcados visibles ou invisibles, poden ser antepostos ou postergados en relación a outros planos.
  • Informacións EXIF: mostra as eventuais informacións Exif incluídas no arquivo, como a data de creación, abertura do diafragma, tempo de exposición, fabricante da máquina fotográfica, etc. ((IPTC, Metadatos).
  • Cor: xoga na edición un rol importante. As calidades da cor poden ser cambiadas con ferramentas como o ton, o matiz, valor ou luminosidade, contraste simultáneo, a saturación, o modelo de cor (RGB, CMYK, HSV).
  • Modelo de cor e profundidade da cor: unha imaxe pode ser levada ao modelo de cor desexada e posible: Bitmap, tons grises, cores indexados, dúplex, RGB, Lab e CMYK. Segundo o modelo de cor obtense unha diferente profundidade de cor. Distínguese segundo a profundidade de cor entre cor verdadeira, cor de alta resolución, cor indexadoa, pero tamén entre tons grises e brancoenegro.
  • Filtro: poden dar un aspecto amarelado para avellentar, máis brillante, crear un relevo sobre a imaxe , facer aparecer unha fonte de luz, diminuír a nitidez, etc.
  • Efectos: pódeselle dar á imaxe un efecto especial, como movemento, vista tras un vidro con pingas de choiva, tipo mosaico, etc.
  • Fotomontaxe: varias imaxes engadidas nunha especie de composición. Véxase tamén colaxe (Collage).
  • Fotomosaico: a imaxe xeral ou maior está composta de moitas imaxes máis pequenas e unha visión rápida mostra o tema ou figura maior, pero unha visión máis detallada mostra que cada unha das imaxes que forma a imaxe maior, é á súa vez unha imaxe particular. Ver tamén Collage.
  • Retirar: rexións innecesarias dunha imaxe son retiradas para utilizar só os obxectos con que se quere traballar ou resaltar. É dicir é un proceso posterior á Selección e anterior ao Collage, Fotomontaxe ou outros.
  • Alagar (inundar) serve para encher dunha cor elixida toda unha rexión que delimitada.
  • Corrección gamma: modifícanse a luminosidade e os tons.
  • Gradación: curva que modifica o contraste e a luminosidade.
  • Histograma dunha imaxe pode corrixir fallas na distribución das cores da imaxe. É moi importante na corrección de fallas nos tons. Ver: Ecualización do histograma, Histograma de cor.
  • Investir: co investimento da cor cámbiase a cor dun píxel polo oposto (negativo) no modelo de cor RGB subtraendo para cada cor, R, G, B, o valor da cor do máximo (255).
  • Canles: unha Canle de cor significa que cada cor primaria utiliza unha canle. En CMYK hai catro canles, ciano, maxenta, amarelo e negro, e en RGB tres canles: vermello, verde e azul. Ademais existen canles alfa nas que se almacenan seleccións e máscaras.
  • Corrección perspectiva: corrixe fallas ou distorsións na perspectiva dunha imaxe.
  • Colorear permite dar:
    • A toda a imaxe unha cor en diferentes tons.
    • A algunha rexión da imaxe unha cor.
    • Quitar ou diminuír a intensidade dunha cor nunha rexión da imaxe.
  • Converter (o arquivo dun formato a outro).
  • Timbre: serve para copiar seccións da imaxe a outros lugares da imaxe co fin de corrixir erros ou encubrir obxectos non desexados na imaxe (tamén chamado tampón de clonar)
  • Lazo: o usuario pode seleccionar unha rexión cunha liña trazada a pulso.
  • Macros: é unha secuencia de comando de elaboración co fin de obter un efecto, que se almacena e que pode entón ser aplicado cantas veces sexa necesario, tamén noutras imaxes.
  • Pintar: unha das funcións máis básicas dun editor de imaxes é a función pintar. Para iso pódense utilizar diferentes ferramentas como lapis, spray ou "aerosol", etcétera, que simulan diferentes técnicas de pintura. Débese diferenciar "pintar" de "debuxar"; ao pintar cámbianse as características de cada píxel, un por un. Ao debuxar defínense lugares xeométricos por medio de definicións matemáticas (vectores ou carreiros) como círculos, elipses, curvas, etc. Máis tarde esas figuras xeométricas son convertidas en píxel, pero até entón son obxectos xeométricos.
  • Enmascarar selecciónanse determinadas rexións da imaxe para subtraelas da elaboración que vén. Pódese ampliar cun pincel ou reducir co borrador. Desta maneira pódese traballar sen danar outras rexións.
  • Monocolor: neste modo créanse imaxes dunha soa gama de cor pero con diferentes tons.
  • Panorama: a partir de imaxes sectoriais pódese crear unha imaxe panorámica unindo as sectoriais e, se é necesario, sobrepóndoas nas rexións visuais que se repiten. Para iso pódese utilizar stichting software.
  • Debuxar: con vectores ou carreiros pódense debuxar elementos xeométricos sinxelos. Para debuxar vectores máis complexos debe usarse un programa de deseño vectorial (de Scalable Vector Graphics).
  • Pipeta: serve para captar desde a imaxe a cor dun píxel determinado e copialo noutras rexións.
  • Borrador: con el elimínanse as informacións gardadas nun píxel determinado. As súas propiedades, tamaño e transparencia, poden axustarse ás necesidades.
  • Nitidez: reducir ou aumentar para por exemplo esconder algún transfondo indesexado.
  • Escalar: a cantidade de píxeles que ten unha imaxe pódese variar. A variación do longo e o ancho pode ser proporcional conservando as proporcións da imaxe ou en caso contrario se distorsiona a imaxe. Ao escalar, a imaxe continúa ocupando a mesma proporción da tea que antes.
  • Ampliar: tamén se pode variar as dimensións da tea en que está a imaxe, sen modificar a imaxe, creando un novo espazo baleiro para novos motivos ou recortando a imaxe ao reducir a tea.
  • Solarización: ao solarizar invístese a cor dos píxeles cuxa luminosidade exceda un límite.
  • Reflectir: (verticalmente ou horizontalmente) nun espello virtual vertical ou horizontal, serve para corrixir documentos escaneados na posición equivocada.
  • Procesamento por lotes: scripts ou macros son executados sobre unha pilla de arquivos (imaxes) automaticamente. Son moi útiles para o traballo con álbums.
  • Texto: permite escribir sobre a imaxe, con elección de tipo, tamaño, cor, dirección, etc da letra.
  • Amplitude de ton: é a diferenza entre o píxel máis escuro e o píxel máis claro dunha cor no modelo de cor RGB. A amplitude de ton ideal é un bo balance entre escuridade e luz nas cores. O histograma serve para diagnosticar os erros. Pódense mellorar as fallas regulando a saturación, a luminosidade e o contraste.
  • Compresión: ao almacenar un arquivo o programa ofrece elixir o grao de compresión do arquivo ou a resolución da imaxe. Isto inflúe sobre o volume do arquivo e así sobre a rapidez da súa transmisión en Internet.
  • Gradiente: sobre unha superficie esta ferramenta permite cambiar dunha cor a outra continuamente ao longo dun eixo de avance. Por exemplo, pódese simular un xogo de luz e sombra nun cilindro iluminado.
  • Varita máxica: ferramenta para seleccionar todos os píxeles que teñan unha cor dentro dun rango determinado.
  • Zoom: para moitos traballos é necesaria unha visión máis detallada da rexión.

Campos de acción da edición de imaxes editar

A edición dixital de imaxes expándese cada día máis, porque a fotografía dixital pode transferir as súas fotos directamente á computadora. No campo de acción caseiro existen programas editores de imaxes especialmente deseñados para o uso na casa, ofrecendo, entre outros, correccións automáticas.

No eido profesional, a edición de imaxes dixitais é utilizada por fotógrafos, deseñadores en autoedición e na preimpresión.

As imaxes modificadas polo editor de imaxes dixitais utilízanse posteriormente en publicacións: revistas, catálogos, libros e outros medios impresos e electrónicos. Rostros sen engurras, paisaxes perfectas e outras características son unha consecuencia da elaboración dixital, o cal borra cada día máis as fronteiras da realidade. Por iso, a edición de imaxes dixitais pódese utilizar intencionalmente para a manipulación de imaxes. Con todo, non podemos deixar sen considerar o factor arte. A edición de imaxes é unha posibilidade de desenvolvemento artístico e así é considerada hoxe na arte dixital.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar