Edelmiro López Iglesias

economista e político galego

Edelmiro López Iglesias, nado en Bilbao en 1960, é un economista e político nacionalista galego. É autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas.

Modelo:BiografíaEdelmiro López Iglesias
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutor en filosofía (1986–1994) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, head of department (en) Traducir (2017–)
Universidade de Santiago de Compostela, professor associado (pt) Traducir (2009–)
Xunta de Galicia (2005–2009)
Universidade de Santiago de Compostela, director (1999–2005)
Universidade de Santiago de Compostela, professor associado (pt) Traducir (1995–2005)
Universidade de Santiago de Compostela, profesor asistente (1986–1995)
Universidade de Santiago de Compostela (1985–1986) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

BNE: XX882435 BUSC: lopez-iglesias-edelmiro Dialnet: 317397

Traxectoria

editar

Doutorouse en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Desde 1984 vén desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da propia USC. Ademais de 1999 a 2005 ocupou o posto de Director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

A súa investigación viuse centrando nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía galega, nos que ten dirixido catorce proxectos de investigación financiados por diversas entidades e participado como investigador noutros quince. Ten realizado estadías en diversas Universidades e centros de investigación estranxeiros, e actuado como consultor de diferentes organismos internacionais no ámbito das políticas agrarias e de desenvolvemento rural.

De agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, asumindo tamén as responsabilidades de Director Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e Director do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), o organismo encargado da xestión en Galiza das axudas da Política Agraria Común (PAC).