Economía de Trinidad e Tobago

Trinidad e Tobago conquistou a reputación de ser un local de investimento excelente para os negocios internacionais, e ten unha das máis altas rendas per capita da América Latina.[1] O crecemento económico entre os anos de 2000 e 2007 superou a media anual de 8%, ben por enriba do 3,7% da media de crecemento da rexión para o mesmo período.[1] A pesar diso o ritmo de crecemento diminuíu, e entre 2009 e 2011 o PIB sufriu retración, debido a caídas no prezo do gas natural e mudanzas nos mercados.[1]

Economía de Trinidad e Tobago
Moeda Dólar de Trinidad e Tobago
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom
Datos estatísticos[1]
PIB 27,14 mil millóns (2012)
Posición do PIB 115ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 0,4% (2012)
PIB per cápita $ 20 400 (2012)
PIB por sector agricultura 0,3%, industria 57,8%, comercio e servizos 41,9% (2012)
Inflación 9,2% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 615.800 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 3,8%, industria e extracción mineral 12,8%, construción 20,4%, servizos 62,9% (2007)
Desemprego 5,6% (2012)
Industrias petróleo e derivado, gas natural, metanol, amonio, urea, produtos de aceiro, bebidas, procesamento de alimentos, cemento, téxtiles de algodón
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 13,61 mil millóns (2012)
Produtos de exportación petróleo e derivados, gas natural liquefeito, metanol, amonio, urea, produtos de aceiro, bebidas, cereais e produtos de cereais, azucre, cacao, café, froitas cítricas, verduras, flores
Principais mercados Estados Unidos 40,3%, Arxentina 6,9%, Chile 6,8%, Xamaica 4,9%, España 4,3% (2012)
Importacións 8 317 millóns (2012)
Principais produtos importados combustibles minerais, lubrificantes, máquinas, equipamentos de transporte, bens manufacturados, alimentos, produtos químicos, animais vivos
Principais mercados Estados Unidos 30,8%, Colombia 13,9%, Brasil 7,6%, Gabón 5%, Canadá 4,1% (2012)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4 557 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
A cidade de Port of Spain.

A economía susténtase en boa parte no feito de que o país acadou sona como área de investimento con excelente condicións para os negocios internacionais. Alén do gas natural, o turismo é un sector en crecemento, aínda que non sexa tan importante, proporcionalmente, como en moitas outras illas do Caribe. As principais industrias son a petroquímica e a produción de produtos químicos. A economía benefíciase dunha reducida inflación, e de superávites comerciais.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 17/12/2017. Consultado o 18/7/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).