Economía de Güiana

A economía da Güiana ten mostrado un crecemento moderado entre 1999 e 2007, baseado nunha expansión dos sectores agrícola e mineiro. A economía depende da exportación de 6 produtos: azucre, ouro, bauxita, camaróns, madeira e arroz - que representan case o 60% do PIB do país, e son susceptibles ás condicións climáticas e aos prezos internacionais.[1]

Economía de Güiana
Moeda Dólar güianés (GYD)
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom
Datos estatísticos[1]
PIB 6 593 millóns (2013)
Posición do PIB 163ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5.3% (2013)
PIB per cápita 8 500 (2013)
PIB por sector agricultura 20.7%, industria 38.5%, servizos 40.8%
Inflación 3.9% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 313.100 (2009)
Forza de traballo por sector N/D
Desemprego 11% (2007)
Industrias bauxita, azucre, beneficiamento de arroz, madeira, téxtiles, extracción de ouro
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1 337 millóns (2013)
Produtos de exportación azucre, ouro, bauxita, alumina, arroz, camarón, xarope de azucre, ron, madeira
Principais mercados Estados Unidos 30.8%, Canadá 28.9%, Reino Unido 6.2% (2012)
Importacións 2 039 millóns (2013)
Principais produtos importados manufacturados, máquinas, petróleo, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1 846 millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Tractor en plantación de arroz, na Güiana.

Coa expansión dos negocios, ademais dunha taxa de interese máis realista, un control máis intenso da inflación e o apoio continuado de organizacións internacionais, a economía recuperouse despois das inundacións do 2005. O ingreso do país ao mercado común caribeño - Caricom - o xaneiro de 2006 ampliou os mercados de exportacións do país, especialmente as materias primas.[1] A inflación foi mantida baixo control. En anos recentes o país baixou a súa débeda externa, que hoxe é menos da metade do que era no inicio dos anos 1990.[1] Pero a pesar da mellora, o país ten buscado equilibrar unha débeda externa aínda grande coa necesidade de expansión do investimento público.[1]

Os problemas crónicos inclúen carencias no número de traballadores cualificados e infraestruturas deficientes.[1] Os baixos prezos de produtos-chave nos sectores mineiro e agrícola, combinados con problemas nas industrias de bauxita e azucre ameazan a xa tenue posición fiscal do goberno e ensombran o futuro.

Referencias editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).