Eadberht III de Kent

Eadberht III Præn foi o rei de Kent desde 796 a 798. O seu breve reinado foi o resultado dunha rebelión contra a hexemonía de Mercia, e marcou a última vez que Kent existiu como un reino independente.

Infotaula de personaEadberht III de Kent

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morteséculo IX Editar o valor en Wikidata
Rei de Kent
796 (Gregoriano) – 798 (Gregoriano)
← Ealhmund de KentCuthred de Kent → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Offa de Mercia parece que gobernou Kent directamente desde 785 até 796, cando a Crónica anglosaxoa rexistra que Offa morreu e que Eadberht, "quen tiña por outro nome Præn", tomou posesión de Kent[1][2]. Eadberht aparentemente estivera anteriormente no exilio no continente baixo a protección de Carlomagno, e a súa rebelión foi vista como ao servizo dos intereses francos[3].

O arcebispo de Canterbury, Æthelhard, que era favorábel a Mercia, fuxiu durante a rebelión. Cœnwulf de Mercia estaba comprometido en correspondencia co Papa desta época, León III, respecto da situación da Igrexa en Inglaterra, e no curso deste León aceptou unha reconquista mercia de Kent e escomungou a Eadberht, tomando como base que anteriormente fora sacerdote[3]. Tendo recibido a aprobación papal, Cœnwulf reconquistou Kent, colocou o seu irmán no cargo e capturou a Eadberht en 798. Segundo a Crónica anglosaxoa, Cœnwulf "devastou e Kent e capturou a Eadberht Præn, o seu rei, e enviouno enceado a Mercia". Unha adición máis tardía á Crónica di que Eadberht foi cegado e que lle cortaron as mans, pero Roger de Wendover afirma que foi posto en liberdade por Coenwulf nalgún momento como un acto de clemencia.[4]

  1. Frank Stenton, Anglo-Saxon England (1943, 1971, 1998 Oxford paperback), pp. 207–208.
  2. The Anglo-Saxon Chronicle, manuscrito A, ano 794 (796).
  3. 3,0 3,1 D. P. Kirby, The Earliest English Kings (1991, 2000), pp. 147–149.
  4. The Anglo-Saxon Chronicle, manuscrito E, ano 796 (798).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar