Cuthred de Kent
Cuthred (antigo inglés: Cuþræd) foi o rei de Kent desde 798 a 807.
Cuthred de Kent | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século VIII |
Falecemento | 807 |
Ocupación | monarca |
Pai | Cuthberht of Mercia |
Fillos | Cenwald |
Irmáns | Coenwulf de Mercia e Ceolwulf I de Mercia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Despois de que a revolta de Kent encabezada por Eadberht III Præn fose derrotada en 798 por Coenwulf, Cuthred foi estabelecido como rei de cliente. Durante o reinado de Cuthred aboliuse formalmente o arcebispado de Lichfield no Concilio de Clovesho o 12 de outubro de 803, e o Arcebispado de Canterbury recuperou así o status do que intentara privalo Offa de Mercia. O reinado de Cuthred tamén viu os primeiros raids viquingos de Kent. Despois da súa morte en 807, Cœnwulf parece ter actuado como rei de Kent.
Cuthred morreu en 807, segundo a Crónica anglosaxoa. Emitiu moedas e documentos. Os dous documentos seus que sobreviviron están ámbolos dous datados en 805, un precisamente a 26 de xullo de 805, no oitavo ano do seu reinado, polo que o seu ascenso ao trono tivo lugar entre o 27 de xullo de 797 e o 26 de xullo de 798[1]. En dous documentos emitidos por Coenwulf, rei de Mercia, é descrito como irmán daquel rei[2].
Cuthred puido ter dous fillos chamados Cyneberht e Coenwald.
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Cuthred 11 en Prosopografía de Inglaterra anglosaxoa.